Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A Deputación de Pontevedra comprométese a actuar na estrada Gondomar - Morgadáns, EP 2302

A Deputación de Pontevedra comprométese a actuar na estrada Gondomar - Morgadáns, EP 2302

Correo-e Imprimir PDF
estrada-chain

O deputado provincial e concelleiro nacionalista de Gondomar, Pauliño del Río presentou no parlamento galego unha moción para solucionar a situación da estrada EP 2302 que unha as parroquias de Gondomar, Chaín e Morgadáns. Esta estrada carece dos niveis mínimos de seguridade para o tránsito peonil e tamén vehicular. De feito provocou hai dous meses a recollida de máis de mil sinaturas por parte dos veciños, as que foron entregadas ás administracións acompañando o reclamo de intervención. "Despois de pasados dous meses sen que o goberno municipal de Gondomar nin a Deputación tomaran ningunha medida ao respecto", del Río volveu a presentar o tema na comisión parlamentaria do pasados 29 de abril, obtendo a aprobación por unanimidade dos grupos presentes, para comezar a devandita intervención da Deputación.

A resolución establece que se "proceda en consecuencia a realizar un estudio de seguridade vial da estrada EP 2302". A elaboración do anteproxecto das obras e se prepare para asinar co Concello de Gondomar o oportuno Convenio para levalas a cabo, e que as obras se acometan en fases" comezando pola primeira delas coa urxencia necesaria e que se habilite unha partida orzamentaria a tal fin."

Unha vez obtida a resolución favorable, o deputado del Río sinalou que espera "do Sr. Presidente da Deputación provincial, Sr.Louzan, a debida dilixencia e premura no cumprimento desta moción, tendo en conta a inseguridade e perigosidade desta estrada."