Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar De Chaín a Gondomar: unha viaxe moi perigosa.

De Chaín a Gondomar: unha viaxe moi perigosa.

Correo-e Imprimir PDF
EP-2302 os peóns non ten beirarrúas e os vehículos invaden o carril contrario para esquivarlos.

Son moitas as persoas que de forma cotiá deben desprazarse a pé dende a parroquia de Chaín ata a vila de Gondomar. Un desprazamento que día a día convértese nun grave desafío para os peóns que deben facelo nunha estrada estreita que carece de beirarrúas, de arcén, e de calquera espazo físico para o seu tránsito, e que xa acumula graves accidentes. Esta estrada a EP-2302 que vai de Gondomar a Morgadáns é de propiedade provincial e atravesa a parroquia de Chaín. Os veciños xuntaron mais de 800 sinaturas denunciando este feito e presentáronllas na Deputación de Pontevedra co fin de que as autoridades atendan un reclamo que xa leva tempo nesa administración.

Os veciños reclaman a urxente intervención na zona da estrada a seu paso de Abelar, Zapa, Brea, A Mourisca, O Loureiro, O Pedrouco, Iglesia, Seara e Fouco polo seu "alto índice de perigosidade". A poboación de Chaín e o seu contorna tamén reclama pola existencia de infraestruturas que interceptan ou sitúanse a carón da estrada e obrigan aos viandantes a ingresar á estrada. Esta manobra obriga a súa vez aos vehículos a invadir o carril contrario para esquivar aos peóns.

A estrada carece de sinalización de abondo, manifestan os veciños. Nese senso sinalan a inexistencia de infraestruturas que obriguen a baixar a velocidade aos vehículos nas zonas de maior tránsito peonil, como a Escola de Guillufe onde se atopa o centro de ensino infantil Antía Cal.

As reclamacións presentadas a Deputación de Pontevedra superaron as oitocentas sinaturas, sendo estas recollidas polos mesmos veciños.Tamén foi presentada a petición ao Concello de Gondomar, a Xunta de Galicia e a Xefatura de Tráfico.

A Deputación Provincial ven de asinar este mes unha inversión de un millón de euros na mellora dun campo de fútbol propiedade da Comunidade de Montes de Chaín, polo que os veciños esperan unha rápida intervención da autoridade provincial na solución dun tema de maior gravidade e urxencia.