Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade 6.000 nenos de 0 a 3 anos están sen praza na escola pública

6.000 nenos de 0 a 3 anos están sen praza na escola pública

Correo-e Imprimir PDF
Nenos nun comedor xestionado pola Cruz Vermella

O grupo parlamentar de Alternativa galega de Esquerda (AGE) acusa á Xunta de Galicia de deixar fóra da etapa de 0 a 3 anos nas escolas infantís públicas a un total de 5.823 nenos e nenas. Trátase dun anuncio sorprendente, pois a semana a Consellería de Benestar dixo que no noso paí shai sobres 1.000 prazas para os máis cativos.

O deputado Ramón Vázquez destaca que “fronte ao discurso triunfalista do Goberno galego sobre o inicio de curso e as cifras disfrazadas aportadas pola Consellería de Benestar, a realidade é que milleiros de familias Galegas non poden acceder a unha praza nunha escola infantil da rede Galiña Azul”.

Os datos de AGE apuntan a que en total 5.823 nenos e nenas galegas de 0 a 3 anos quedaron sen praza nalgunha das 147 escolas infantís da rede autonómica. Concretamente foron 2.742 rapaces os que non acadaron praza nas escolas infantís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar e 3081 os nenos e nenas que permanecen na lista de agarda das Escolas Infantís dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

O feito de que a Consellería de Traballo e Benestar anuncie nos medios de comunicación a existencia de 1.000 vacantes na súa rede de escolas infantís, “non deixa de ser un intento mais por confundir a cidadanía en relación coa súa neglixente xestión.

Do medio colaborador Galicia Confidencial