Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Identificados os 30 rapaces de Nigrán

Identificados os 30 rapaces de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
escola nigran

A publicación do chamamento realizado o pasado domingo permitiu identificar xa aos 30 rapaces da fotografía fronte á escola pública de Nigrán en 1971.  “Encantaríame que os lectores de VM.info me axudasen a identificalos e localizalos para poder xuntarnos de novo e repetir esta fotografía antes de que o Concello derrube a nosa escola”,explicaba Xoaquín Gómez, promotor da iniciativa. Dende VM.info creouse unha conta de correo ( Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ) e deuselle impulso nas redes sociais para acadar a colaboración dos lectores. O desexo de Xoaquín cumpríase en menos de 24 horas.

Os trinta da foto

No centro o mestre Humberto Juanes Fidalgo (falecido) e seguindo a numeración da fotografía:

  1. Jorge Sanromán
  2. Jose Luis Fernardez Juste (“O Siricho”)
  3. Jose Angel (das Angustias – agora vive en Tomiño)
  4. Jose Carlos Guisande (“O Rato”) (A Lagoiña)
  5.  Manolo Casas ( Falecido)
  6. Carlos Trabazos
  7. Xosé Xaquín Gómez
  8. O Butano (Fillo de Rafael “O Poceiro”)
  9. Esmeraldito “O Ferreiro”
  10. Eugenio
  11. Fernando Bravo
  12. Santiago Rodriguez (Falecido)
  13. Berto Iglesias do Ceán
  14. Secundino (“O Maia”)
  15. Efrén Juanes
  16. Jose Antonio (“O Burras”)
  17. Horacio Alejos
  18. Álvaro Pereira
  19. Magín
  20. José Manuel Fernández Parra (Falecido)
  21. Juan Antonio (O Neno)
  22. Guillermo Quintas (Falecido)
  23. Carlos Perez Mendez
  24. Rogelio Da Costa "Tito"
  25. Julio Rocha
  26. Quico do Ceán
  27. Juan Alejos
  28. Luis “O Casas”
  29. Oscar (“Oco”)(Falecido)
  30. José Caldeiro

Xoaquín estima que en dez días tería contactado a todos os "rapaces" da imaxe que aínda viven. A idea é repetir esa fotografía nunha xornada para confraternizar cunha comida todos xuntos. 

A escola de Nigrán.

O antigo edificio da escola de Nigrán está situado na estrada que une o edificio do Concello e o Colexio de Vilameán. A casa pasou de ser escola pública, casa dos mestres, escola de xadrez, aula de informática, central de Protección Civil ..,dende fai anos a vivenda e a aula non teñen ningún uso e segundo sinalou o alcalde no último pleno a intención é derrubala porque así o "recomendan os informes técnicos" aínda que sinalou que a decisión do derrube non está tomada. Antes do mesmo, Xaquín agarda poder reunir a todos os seus amigos de clase para facer esa última foto 43 anos despois.