Martes, 14 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Na procura de 30 rapaces de Nigrán

Na procura de 30 rapaces de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
Fai clic na imaxe para ampliar

"Ando na procura de todos os rapaces que estamos nesta foto." Esta foi a mensaxe lanzada por Xaquín Gómez, un dos rapaces que aparece na foto. O obxetivo, reunirse 43 anos despois para facer a mesma foto no mesmo lugar, a antiga escola pública de Nigrán, un edificio que ainda segue en pé no barrio de Vilameán pero sobre o que cerne a piqueta do derrubo por parte do concello.

A instantánea corresponde aos alumnos da Escola Pública de Nigrán no ano 1971. O mestre que os arroupa é o falecido Humberto Juanes Fidalgo, pai do ex-alcalde de Nigrán Efrén Juanes e director durante toda unha vida do centro de ensino que actualmente leva o seu nome.

"Xa pasaron moitos anos e a moitos deles perdinlle a pista. Pero encantaríame que os lectores de vm.info me axudasen a dientificalos e localizalos para poder xuntarnos de novo e repetir esta fotografía antes de que o concello derrube a nosa escola", explica Xaquín.

A escola de Nigrán.

O antigo edificio da escola de Nigrán está situado na estrada que une o edificio do Concello e o Colexio de Vilameán. A casa pasou de ser escola pública, casa dos mestres, escola de xadrez, aula de informática, central de Protección Civil ..,dende fai anos a vivienda e a aula non teñen ningún uso e segundo sinalou o alcalde no último pleno a intención é derrubala porque así o "recomendan os informes técnicos" ainda que sinalou que a decisión do derrube non está tomada. Antes do mesmo, Xaquín agarda poder reunir a todos os seus amigos de clase para facer esa última foto 43 anos despois.

Os interesados en contactar ou identificar e localizar aos rapaces da foto, poden deixar unha mensaxe na zona de comentarios ou contactar con Xaquín no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo  ou no teléfono 610468197