Domingo, 5 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Curso formativo para colaborar no Rallye Internacional Rías Baixas-Deputación de Pontevedra

Curso formativo para colaborar no Rallye Internacional Rías Baixas-Deputación de Pontevedra

Correo-e Imprimir PDF
rias-baixas-2007-49

O próximo 30 de maio celebrarase o Rallye Internacional Rías Baixas-Deputación de Pontevedra, unha proba puntuable para o Campionato de España, desenvolvéndose un dos tramos do rallye nalgunhas estradas do concello de Nigrán.

Con motivo da celebración da proba e do seu paso por Nigrán, a Escudería Rías Baixas convoca ás persoas interesadas en participar de forma voluntaria na organización deste evento a un curso gratuíto orientado a desenvolver labores de información e de seguridade no transcurso da carreira, que se celebrará o vindeiro sábado 24 de maio ás 18.00 horas nas instalacións do Centro Antena.

As persoas interesadas en participar deberán contactar  coa Escudería Rías Baixas, a través do teléfono 986 203 370 ou do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .