Sábado, 2 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Venres a todo motor en #Nigrán e #Gondomar co espectáculo multicolor do #RallyeRíasBaixas.

Venres a todo motor en #Nigrán e #Gondomar co espectáculo multicolor do #RallyeRíasBaixas.

Correo-e Imprimir PDF
6 0baixasen gondomar

A loita por adxudicarse a vitoria do 51º Rallye Rías Baixas comeza para os equipos participantes en Chenlo-Morgadáns, un tramo cronometrado de 11,01 quilómetros. O Porsche de Miguel Fuster, actual líder do campionato de España de Rallyes de Asfalto, será o primeiro vehículo en tomar a saída ás 18:06 horas. E tras el, de minuto en minuto, os 73 equipos restantes que se inscribiron nesta cuarta proba do nacional.

Inmediatamente despois, os participantes afrontarán a primeira pasada aos 6'66 quilómetros cronometrados do tramo de Nigrán.

Ás 18:55, os vehículos entrarán no parque de reagrupamento de Gondomar onde permanecerán durante media hora e posteriormente farán unha parada de asistencia no IFEVI.

A competición renovarase ás 20:39 horas coa segunda pasada a Chenlo-Morgadáns e Nigrán.

Para a segunda etapa do sábado, quedarán os tramos de Fornelos (32,98 quilómetros) e As Neves (13,93Km) a dobre pasada pola mañá e de Maceira (30,32 Km) e Santa Marta, (8,82 Km.), a unha única pasada pola tarde. O 51º Rallye Rías Baixas disputarase sobre un total de 168,30 quilómetros cronometrados.

Shakedown, verificaciones técnicas e roda de prensa dos pilotos
Esta primeira xornada de competición preséntase máis longa e atarefada para aqueles equipos que solicitaron facer o tramo test. Este ano inscribíronse no Shakedown 36 equipos, así que os afeccionados que se acheguen ao Monte A Picaraña de Ponteareas, entre as 08.30 e as 10.30 da mañá poderán ver como os pilotos que se xogarán a vitoria final no "Rías" poñen a proba os seus vehículos sobre ese tramo.

As verificacións técnicas de todos os coches inscritos no rallye levaranse a cabo entre as 10 e as 13 horas no Recinto Feiral de Cotogrande.

E ás 12 do mediodía, como vendo sendo habitual nas últimas edicións do "Rías" os mellores pilotos comparecerán ante os medios nunha roda de prensa, aberta ao publico, que se celebrará entre os pavillóns 1 e 2 do recinto feiral, diante da Oficina Permanente do Rallye.