Martes, 14 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía A fuxida masiva e voluntuaria de traballadores de Paradores, cubren o 80% dos despidos previstos no ERE.

A fuxida masiva e voluntuaria de traballadores de Paradores, cubren o 80% dos despidos previstos no ERE.

Correo-e Imprimir PDF
parador folga


- O ERE da empresa establecía 350 despidos en toda España, nos que 280 persoas xa manifestaron a súa vontade de deixar definitivamente a empresa.

-Dos 36 despidos que a dirección de Paradores entendía como necesarios en Galicia, 50 menos cos establecidos nun principio, a día de hoxe, 35 traballadores (92%) poderían xestionarse coas solicitudes de acollida voluntaria ao ERE.

-Os representantes sindicais non daban crédito á fuxida masiva, xa que nun comezo estimábase en pouco máis de 80 persoas as que se acollerían voluntariamente ao ERE.

Unha xuntanza a celebrarse o vindeiro luns 21 de xaneiro estudará as devanditas solicitudes "para comprobar se poden ser aceptadas sen que afecten o normal funcionamento do Parador e que se axusten ás necesidades de reaxuste que plantexa a dirección", informou Jorge Carneiro (CC.OO), representante dos traballadores na comisión de seguimento do ERE.

A nova foi cualificada como "esperanzadora" pola representación sindical, no senso que de darse aprobación a tódolos casos voluntarios, o número de afectados forzosos polo ERE sería case nulo nos establecementos galegos. Nomeadamente, no caso de Baiona, o ERE orixinal afectaba a 10 persoas do Parador Conde de Gondomar.

Un total de 280 solicitudes voluntarias de acollerse ao ERE foron recollidas en toda España nos últimos días pola comisión de seguimento, para un total de 350 despidos que prevé o expediente. O que supón, en opinión de Carneiro, que o número de despidos forzosos será menor. Nembargante, o sindicalista amosou decepción, porque esta alta cantidade de retiros voluntarios "mostra claramente a falla de confianza amosada por unha parte importante da plantilla no futuro desta empresa pública".

O vindeiro luns 21 comezan os peches parciais de Paradores en España.

Por outra banda, Carneiro informou que os peches parciais de paradores comezarán o vindeiro luns 21 de xaneiro e terán unha duración distinta en función do acordado en cada un dos establecementos.