Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O 90% da plantilla de traballadores do Parador de Baiona secundou a folga nas primeiras 24 horas.

O 90% da plantilla de traballadores do Parador de Baiona secundou a folga nas primeiras 24 horas.

Correo-e Imprimir PDF
paradorBaiona

-O parador está funcionando só co xefes de seccións e persoal contratado. Un grupo de traballadores acampará durante a madrugada ás portas do parador.

- O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, rexeitou o convite dos traballadores para participar na marcha deste sábado.

- O BNG de Baiona presenta unha moción a prol de reverter a decisión da empresa, e en rexeitamento da actitude do goberno de Mariano Rajoy que apoia o ERE.

-CC.OO., UGT, CIGA, BNG, PSOE e EU confirman a súa participación na marcha das 5 da tarde deste sábado.

A folga do parador de Turismo de Baiona contou foi secundado polo 90% dos traballadores, informou Jorge Carneiro, portavoz do comité de empresa. O principal centro hostaleiro de Baiona, só funcionou cos xefes de departamentos e persoal contratado nestas primeiras 24 horas do cese das actividades. No transcurso do día, unha delegación dos traballadores mantivo contactos co alcalde Jesús Vázquez Almuíña e diversas agrupacións políticas e sociais do municipio co xeito de acadar apoios para reverter a decisión da empresa que pretende despedir a 10 traballadores no marco dun ERE.

O alcalde de Baiona comprometeuse a facer xestións mais non participará nas mobilizacións.

Segundo declarou Carneiro, o alcalde de Baiona, comprometeuse a facer xestións a distintos niveis cara a defender a continuidade da totalidade da plantilla e o carácter público da empresa. Nese senso, manifestoulles que o PP de Baiona presentará unha moción no Pleno municipal do vindeiro luns, para que éste se pronuncie en favor destes puntos e comunique a súa decisión ao goberno de España.

Nembargante, e a pesar de expresar a súa preocupación polo futuro da empresa e a súa repercusión na economía local, cando foi convidado pola representación sindical a participar da mobilización prevista para este sábado ás 17 horas na vila, Almuíña escusou a súa asistencia "porque non está de acordo coas folgas", segundo testemuña dos traballadores. Tampouco coas marchas "nin este tipo de accións", en referencia á mobilización. Aínda que os traballadores lembraban varias "fotografías", do agora alcalde participando en mobilizacións rueiras cando estaba na oposición, este manifestou que as mesmas "non conducen a nada".

ACEBA preocupada polos despidos e a posible privatización do parador.

A defensa dos postos de traballo e o carácter público de Paradores de Turismo, tamén foi tema de conversación cunha representación de ACEBA. A comitiva de empresarios baioneses, tamén achegou a súa preocupación polo futuro do Parador de Baiona e as pegadas negativas que tería para a economía local a supresión ou privatización do servizo. Nese senso, os empresarios comprometéronse ante os traballadores do Parador a tratar o tema na próxima xuntanza da directiva.

O BNG de Baiona rexistra unha moción para o pleno do luns

Pola súa banda, o BNG Baiona, deu a coñecer esta tarde o seu apoio á loita dos traballadores, e o seu rexeitamento á forma en que o goberno estatal e a dirección da empresa están a xestionar a crise pola que atravesa o conxunto destes establecementos turísticos. Nese senso, os nacionalistas tamén anuncian a presentación dunha moción na que rexeitan o plan, "duro e salvaxe", que o goberno presidido por Mariano Rajoy instrumentou , "co silencio cómplice e o beneplácito do goberno do PP na Xunta e dos alcaldes do PP nas vilas afectadas".

Sindicatos e partidos políticos comprométense a participar nas mobilizacións deste sábado.

Mentres tanto, un grupo de traballadores permanecerá "acampado" nas portas do Parador durante a madrugada deste sábado. Ás 5 da tarde, os traballadores partirán de Santa Marta cara ao Parador, nunha marcha que xa conta coa adhesión de de CCOO, UGT, CIGA, e o apoio do BNG, PSOE, EU, que comprometeron a súa participación.