Os xogadores de Primeira división Nacional do club xa están no Centro de Alto Rendemento de San Cugat, á espera dos partidos que lle permitirán pelexar pola obtención do ascenso á División de Honra da Real Federación de España. O equipo atópase en perfectas condicións para abordar a competencia, segundo puido saber este medio do presidente da AD Vincios, Vicente Pintos en comunicación mantida o venres pola tarde.
As impresións son as mellores, e a posibilidade de xogar nun centro como o de San Cugat reportará de por si unha grande experiencia para os miñoranos. A esperanza está en marcha...