Xoves, 22 Feb. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes O único deporte que pode paralizar China ten dúas promesas xuvenís en #Gondomar

O único deporte que pode paralizar China ten dúas promesas xuvenís en #Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Anxo-e-Martin-xogadores-da-
O-xogador-Anxo-Iglesias
martin-pintos
Martin-Pintos-recibindo-ins
  • Anterior
  • 1 of 4
  • Seguinte

A selección española de tenis de mesa fornécese dende hai tempo con dous mozos xurdidos da canteira gondomareña: Martín Pintos e mais Anxo Iglesias. Ambos os dous acaban de participar no Open Internacional de España Cadete e Xuvenil onde concorreron un total de 230 xogadores de Europa, Asia e América. Unha cita onde só acoden os deportistas das primeiras posicións dos ranking nacionais. Na actualidade Martín ocupa o lugar 17 no ranking español e Anxo a 12 no infantil masculino nos cadros provisionais que achega a Real Federación Española, trala disputa do Torneo Estatal 2014 – 2015. Máis alá dos datos de competencia, ambos os dous novos deportistas son un exemplo do desenrolo deste deporte en Gondomar grazas ao traballo da Asociación Deportiva Vincios, dirixida por Vicente Pintos.

Martín xoga dende pequeno ao tenis mesa e a partir dos 12 anos comezou a adestrarse no club. Daquela compartía a iniciación á disciplina coas súas aulas no colexio público Chano Piñeiro de Gondomar. Fillo de Vicente, o actual presidente do club, abrazou o encanto por este deporte e comezou a obter logros deportivos ao pouco tempo. Entre eles un subcampionato galego en categoría Sub 23, cando inda estaba a concorrer nos curso da ESO no IES Auga da Laxe, o seu actual centro de estudos. Os galardóns foron chegando no grupal e individual e pasou dos éxitos nas competicións galegas e estatais ás internacionais. Participou deste último open cos seus 16 anos fronte a xogadores de grande nivel e logrou vencer a rivais eslovenos e irlandeses, quedando xunto a Anxo ás portas do cadro final.

Anxo, o mais peque, ten 15 anos. Fixo os primeiros estudos no colexio público de Donas e agora estuda no IES Terra de Turonio de Gondomar. Subcampión de España en 2011 en dobres, ao igual que Martín leva participado por terceira vez no seleccionado español con esta participación no Open. Fillo de Ángel Iglesias Mariño, adestrador do AD Vincios, ten múltiples galardóns e xoga tamén habitualmente defendendo á selección galega na súa categoría.

A por o ascenso á División de Honra en Lleida.
"A única disciplina que facía deter a China durante os últimos xogos olímpicos non era o fútbol, senón os partidos que xogaba a selección chinesa de tenis mesa", sinala Vicente Pintos. É que a pegada do tenis mesa en todo o territorio español con milleiros de federados dá unha idea da magnitude dos logros deste club miñorano con sede na parroquia de Vincios e con campo de competición no ximnasio do IES Terra de Turonio. Por si fora pouco, os xogadores de Primeira división Nacional do club ,viaxan o próximo venres día 29 , ata LLeida, a intentar obter o ascenso á División de Honra da Real Federación de España.