Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes O Gondomar Club de Fútbol contará coa colaboración da Deputación de Pontevedra na celebración do seu centenario

O Gondomar Club de Fútbol contará coa colaboración da Deputación de Pontevedra na celebración do seu centenario

Correo-e Imprimir PDF

-O alcalde do municipio Fernando Guitián e a directiva do club gondomareño mantiveron unha reunión con Begoña Estévez, deputada provincial de deportes
-A cita supuxo unha primeira toma de contacto entre ambas as dúas institucións co fin de establecer vías de colaboración para a organización do centenario do Club
- A Deputación aceptou colaborar co Gondomar Club de Fútbol en todas aquelas actuacións que sexan obxecto da súa liña de subvencións
O Gondomar Club de Fútbol traballa xa con vistas ao Centenario de 2014. A pasada semana, o presidente acompañado do secretario do club e do alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, mantiveron unha reunión coa deputada provincial de deportes, Begoña Estévez, para falar da coordinación deste acontecemento.

O encontro tivo como fin establecer vías de colaboración entre a Administración provincial e o Club para a organización e celebración do seu centenario.
Durante a reunión, dende o Club expuxéronse as súas ideas sobre os actos e iniciativas a organizar para a celebración do seu centenario, ademais de recoller as propostas lanzadas dende o propio Concello e Deputación. Por outra parte, a entidade deportiva solicitou axuda económica para sacar adiante o acontecemento; petición que foi recollida pola Administración Provincial comprometéndose a colaborar en todas aquelas actuacións que se engloben dentro da súa liña de axudas.
"Dende a Deputación mostrouse unha boa disposición en termos de colaboración co equipo e estamos seguros de que contribuirá en todas aquelas actuacións que lle sexan posibles", afirma Fernando Guitián.
Tras esta primeira toma de contacto entre ambas as dúas institucións, a directiva do club gondomareño analizará pormenorizadamente os eventos e accións que pretenden levar a cabo para trasladar, finalmente en posteriores encontros, cales serán exactamente as súas necesidades económicas de cara ao centenario de 2014.