Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes O Gondomar CF presentará himno no marco das celebracións do seu centenario.

O Gondomar CF presentará himno no marco das celebracións do seu centenario.

Correo-e Imprimir PDF
gondomar-cf

Dentro dos actos organizados polo Gondomar C.F. e o Concello de Gondomar, con motivo da proximidade do centenario do club, o vindeiro sábado, día 17 de marzo, ás 12:00 horas, na sala multiusos do Centro Neural (As Cercas), terá lugar a presentación oficial do himno do Gondomar CF.

 

Será presentado polo seu autor e intérprete, o músico gondomareño Rubén de Lis, que estará acompañado polo Alcalde, Fernando Guitián, a concelleira de Deportes, Natalia Salgueiro e o concelleiro de Cultura, Ignacio Troncoso, ademais dos membros da directiva do Club, encabezada polo seu presidente Juan Antonio González Rodríguez.

Ao finalizar o acto servirase un "viño español" para os asistentes.

Xornada de Fútbol e Atletismo nas Gaiandas

Así mesmo, unha vez finalizado o acto de presentación, o Gondomar C.F. ten organizada unha xornada de festa. Esta iníciase coa celebración dunha comida popular no recinto das Gaiandas, previa ao encontro de liga que enfrontará ao Gondomar CF co Unión Grove, líder da clasificación.

Antes do partido renderase homenaxe aos atletas da Sociedade Atlética Val Miñor, que forman parte da selección galega de atletismo, que o pasado fin de semana disputaron o Campionato de España por autonomías, alcanzando os cadetes masculinos o título de Campións de España.