Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Deportes Gloria Pérez imparte en Nigrán a súa charla "Outra forma de ver as enfermidades"

Gloria Pérez imparte en Nigrán a súa charla "Outra forma de ver as enfermidades"

Correo-e Imprimir PDF
gloria-perez

O Salón de Actos do Concello de Nigrán albergará o vindeiro xoves 13 de decembro a partir das 20.00 horas a charla "Outra forma de ver as enfermidades", impartida por Gloria Pérez.

 

Unha vivencia persoal -ser diagnosticada de esclerose múltiple en 2004-, levou a Gloria Pérez a escribir o libro Grazas, Esclerose Múltiple, eixo do guión da conferencia que impartirá en Nigrán o vindeiro xoves. Esta experiencia persoal permitiu a Gloria atopar unha forma, un punto de vista diferente de abordar a súa enfermidade, e moitas outras.

Naturópata, especialista en dietética e nutrición e diplomada pola Universidade de Vigo en ciencias económicas e empresariais, ademais de cursar Bioloxía na mesma cidade, Gloria Pérez decidiu tomar un novo rumbo na súa vida tras o diagnóstico recibido en 2004.