
Como director escénico púxose a fronte de montaxes como Directamente Paco II, DÃas sen gloria, Squash, Doberman, Como en Irlanda, A voda dos moinantes, Cantiga do desterro. Chanson d´exil, A cor das cerejas (en Portugal), Speer. El arquitecto de Hitler, Un lunar vermello e A Cigana vermelha da Ilha Terceira (en Portugal tamén)... E foi axudante de dirección en espectáculos como A pousadeira, El astrólogo fingido, La noche de las Tribadas, A esmorga ou Si o vello Sinbad volvese ás illas... Ã? guionista e director dos espectáculos de Mofa e Befa (Para ser exactos, Cultura para dar e tomar e Finis Mundi Circus) cos que segue a traballar despois de máis de dez anos (actualmente no programa Máxima Audiencia da Televisión de Galicia).
Como autor é responsable de Un Códice clandextino (interesante montaxe sobre as cantigas medievais galego-portuguesas), O Rousinol da Bretahna (Premio Compostela ao mellor texto teatral en 1992), ámbalas dúas representadas polo seu grupo O Moucho Clerc, Balada das mulleres doutro tempo (con Xepe Casanova), O rei nu (con Cándido Pazó), Memoria de AntÃgona (con Xabier Lama), a adaptación de Se o vello Simbad volvese ás illas, Rapatú (que recibiu o premio MarÃa Casares ao mellor texto adaptado na edición do ano 2003), O ano da cometa ou textos adicionais para grupos como Ollomol ou TBO Teatro.
Ã? tradutor tamén de Gali e MatÃas, de H. Parmeline e O bestiario do amor, de R. de Fournival.
Como narrador de historias ten varios espectáculos segundo a temática: a violencia contemporánea, historias de mariñeiros, contos árabes ou contos tradicionais, o seu Falar x Falar, co que percorreu toda Galicia e ten participado nos máis importantes eventos internacionais do xénero. Achégase hoxe ás 300 representacións.
Na televisión participou no programa Apaga a lus da TVG, na Operaçao Trunfo da televisión portuguesa como profesor de interpretación, n´A Rosa de Pedra e no programa Máxima Audiencia, tamén na TVG, na que dirixe na actualidade a serie A miña sogra e máis eu. Participou tamén na radio en programas para Radio Fene, Radio 4 de RNE, Radio Galega ou Radio Voz.
Como sempre ao remate da conferencia-coloquio, aberta ao público, celebrarase unha CEA cos conferenciantes, no mesmo Pazo da Escola, previa reserva que se poderá facer no 629 890 320.