Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Ramón Trigo: Cando arte e beleza xermolan dende as “CINZAS”

Ramón Trigo: Cando arte e beleza xermolan dende as “CINZAS”

Correo-e Imprimir PDF
Debuxos 35x35cm Ramon Trigo

Toda a obra de Ramón Trigo ardeu a tres semanas da inauguración. Das súas cinzas está fornecida e titulada a mostra do plástico agora exposta na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do Instituto de Estudos Miñoranos en Gondomar. Unha colección de pinturas, debuxos e esculturas que falan do seu talante creativo na que se conxugan traballos que o azar salvou por estar fóra do lugar do lume e outras que son xermolo da triste experiencia.  “Cinzas”, así sen máis, quedou aberta ao público o pasado xoves 22 de maio nun acto no que o artista obsequiou aos asistentes cunha bolsiñas con restos do que non se puído ver, mais estivo alí.

A colección pode ser visitada de luns a venres de 18 a 21 horas na sede do IEM (Avenida da Feira, 10 – baixo, Gondomar). Aínda que sempre queda algunha hora máis para aqueles con gañas de percorrela a modo. Para visitas de centros de ensino ou colectivos noutros horarios débese contactar ao teléfono 608 266 094 ou na sede do IEM no mesmo horario da mostra.

Do autor

Ramón Trigo (Vigo, 1965) alterna os seus traballos como ilustrador e autor de bandas deseñadas coa pintura e a escultura. A súa obra ten sido exposta en diversas galerías e espazos culturais así como obxecto de múltiples galardóns. Entre eles o l Premio Cómic da Deputación de Cuenca , o  Premio Álbum Ilustrador Cabildo de Gran Canaria(2007), o V Certame Internacional Albúm Infantil Ilustrado Cidade de Alicante e no 2012 o prestixioso Premio Lazarillo outorgado polo Ministerio de Educación e Cultura.

Publicou o relato breve Vitapakouras no BD Banda nº6. Colaborou  especialmente na escena local de revistas e fanzines, este autor participara na eclosión cultural viguesa dos oitenta.

Tamén traballou para o Faro de Vigo e para o fanzine de Cangas O pito cairo. Despois o seu labor decantouse pola ilustración de libros como As luces que se acenden e se apagan, O pirata pata de lata, Santos e defuntos e Casa Vacía. Historias de los niños sobrenaturales é o seu primeiro álbum longo de banda deseñada.  A seu derradeiro traballo no eido literario atópase na novela ilustrada O gabinete das marabillas de Arxentino Rocha Alemparte, dos irmáns Irene e Rodrigo Pérez Pintos, onde Trigo encargouse das ilustracións. Obra que será presentada o vindeiro venres 30 de maio ás 20:30 horas no IEM.

Cinzas

Autor: Ramón Trigo

Visitas: Luns a venres de 19 a 21 horas ata o 4 de xullo de 2014

Lugar: Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira, 10 baixo, Gondomar)