Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Unha morea de artistas, músicos e actores da terra animarán o verán 2012 en Gondomar.

Unha morea de artistas, músicos e actores da terra animarán o verán 2012 en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
susana-seivane

O pulo cultural da produción galega nas artes ten no concello de Gondomar un escenario permanente ao longo do ano. Para vencellar o perfil, a Concellería de Cultura local apostou por un programa de lecer para este verán onde os protagonistas serán unha escolma de grandes artistas da terra que percorrerán o municipio dende o vindeiro 1 de xullo ate o domingo 23 de setembro.

 

No eido musical os gondomareños e visitantes poderán asistir, entre outros, aos concertos que brindarán Susana Seivane, Ruben de Lis, Noitarega, Os Irmandiños de Vincios, O Coro Tradicional Cantares do Brión, e os senlleiros Os Terribles de Donas. Tamén haberá espectáculos con bandas novas como Los Lentos e Blue Jeans, así como espectáculos tradicionais coas bandas de gaita Falcatrúa, as agrupacións tradicionais de Vincios, Chaín, Borreiros, Morgadáns e Peitieiros, . Por si fora pouco, soará na vila a música do Cuarteto de Corda, a Orquestra de Cámara Infantil e Xuvenil do Val Miñor e A Banda Escola Infantil de Vincios.

Pinga Teatro, Grupo Teatro Aturuxo, Expresións Producións Contacontos, son algunhas das compañías teatrais xa confirmadas no programa. Por outra banda, unha carteleira cinematográfica con títulos infantís e populares percorrerá as parroquias de Gondomar.

Para descarga a carteleira completa preme aquí