Mércores, 11 Dec. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Cultura O Concurso de Fotografía “O Camiño Portugués pola Costa” xa ten finalistas.

O Concurso de Fotografía “O Camiño Portugués pola Costa” xa ten finalistas.

Correo-e Imprimir PDF
foto camino_dacosta

O primeiro concurso fotográfico "O Camiño Portugués pola Costa" xa ten finalistas. O fallo do xurado deu o primeiro premio, dotado de 600 euros, a Emilio Baz Pacheco, d'A Guarda, coa fotografía "Facendo Camiño". O segundo premio foi para "Un lugar intenso", de Jorge Simao Meira, natural de Caminha, quen recibiu 300 euros. O terceiro premio, recoñecido con 100 euros, recaeu no baionés Carlos Alberto García Carvalho, con "Fuego en el cielo".

 

O obxectivo desta iniciativa foi salientar o Camiño Portugués da Costa nos concellos galegos e portugueses a través de fotografía, nun concurso aberto a fotógrafos profesionais e afeccionados. O tema proposto foi o Camiño Portugués da Costa en todas as súas manifestacións etnográficas, relixiosas, xeográficas, paisaxísticas e culturais.