Luns, 22 Jul. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Economía O Camiño Portugués pola Costa achega novas oportunidades de subvencións para vivendas do #ValMiñor

O Camiño Portugués pola Costa achega novas oportunidades de subvencións para vivendas do #ValMiñor

Correo-e Imprimir PDF
val minhor

As vivendas asentadas no entorno do Camiño Portugués Monacal ou pola Costa poderán acceder a unha liña de subvencións para rehabilitación e reconstrucións, abertas pola Xunta de Galicia. Liña que súmase ás xa existentes para propietarios no rural ou cascos históricos localizados na bisbarra, aos que tamén abrangue o chamado.

Nese senso, inda que antigo na súa existencia, o camiño xacobeo agora recoñecido pola Xunta e no recente PXOM de Baiona, achega así unha nova posibilidade para fornecer obras en vivendas de Baiona, Nigrán e Gondomar. Feito que foi recoñecido afirmativamente polo alcalde Juan González, tras ser consultado por este medio.

O prazo para solicitarllas remata o vindeiro 12 de setembro. Os interesados deben consular as bases publicadas polo Diario Oficial de Galicia para a "solicitude de axudas de rehabilitación e reconstrución de vivendas no rural, conxuntos históricos e no entorno dos Camiños de Santiago".

Para ter dereito ás axudas, as vivendas rehabilitadas deberán estar destinadas a residencia habitual e permanente do propietario ou do inquilino no caso alugueiro

A Xunta anuncia que destinará máis de 1,1 millóns de euros a estas subvencións, que poden acadar o 50 por cento do orzamento.

Están dirixidas aos titulares de actuacións de remate de fachadas e cubertas e de rehabilitación ou reconstrución de vivendas emprazadas no ámbito rural, en conxuntos históricos ou nos Camiños de Santiago, que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.

Para acceder a estas subvencións as actuacións deben dispoñer de autorización oficial da Xunta de Galicia. O importe da axuda pode acadar o 50% do orzamento que figura na resolución, sen que poida superar o límite máximo de 6.600 euros para as actuacións de remate de fachadas, cubertas e rehabilitación e de 8.600 euros para as obras de reconstrución.

Da contía total de 1.133.706 euros desta convocatoria, 833.706 euros serán destinadas a actuacións no ámbito rural e 300.000 euros ás do ámbito histórico.