Martes, 23 Jan. 2018

Actualizado12:46:23 PM GMT

Estás en Canais Cultura Nace o proxecto "As escollas electivas", un novo espazo virtual para os poetas en lingua galega.

Nace o proxecto "As escollas electivas", un novo espazo virtual para os poetas en lingua galega.

Correo-e Imprimir PDF
ordandor taza_boli

Os poetas de Galicia ten un novo espazo autoxestionado onde dar a coñecer os seus traballos coa creación do Blog As escollas electivas. Unha iniciativa privada, que segundo definen os seus creadores ourensáns , Suso Díaz e Maripaz Paz, está inspirada noutros proxectos similares (que puxo en marcha o arxentino Alejandro Méndez), e que teñen como único fin amosar a poesía dos autores vivos galegos.

 

O seu lanzamento tivo lugar o pasado 4 de xaneiro, coincidindo cos 100 anos do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro. En palabras dos creadores, "móvenos o interese que temos pola poesía, e cremos que este é un bo medio para difundir a poética que se está a escribir no país, coa idea de que sexa divulgada e coñecidos os seus autores. "

Neste novo espazo xa se poden atopar as obras de varios poetas de distinto puntos do país. Os criterios de selección dos autores e das obras están suxeitos a unha sorte de iniciación onde cada poeta presenta e debe ser presentado por outro.

A participación non está restrinxida aos escritores radicados en Galicia, o poden facer calquera que escriba poesía en lingua galega , independentemente do lugar de residencia ou da nacionalidade.