Martes, 21 Maio. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Cultura Holocausto zacoe: poesía galega con humor e mala hostia

Holocausto zacoe: poesía galega con humor e mala hostia

Correo-e Imprimir PDF
urbano esmerode_calros_solla_vt

 

2009 (EC)

antes do confinamento indíxena, Galiza contaba cunha
poboación de 2'8 millóns de habitantes (españoles, hispa-nogallegos y otros).
Os galegos (zacoes) eran a minoría étni-ca aborixe.”

Estado Maior das ZZ” (Holocausto zacoe, Calros Solla, 2011)

Holocausto zacoe é a obra dun galego que non sabe como conter o seu desacougo e a súa carraxe”, sinalou Calros Solla á hora de definir a súa obra, gañadora do IV Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns, e recentemente editada polo Instituto de Estudos Miñoranos.  O libro é unha alegoría sobre a situación do idioma e da identidade galega, nunha sociedade que lexisla “dende o prexuízo á cultura galega,  e en contra da súa concreción mais sublime que é a lingua”, segundo manifestou Calros Solla, ante os asistentes á entrega do premio organizado polo IEM e a Entidade Local de Morgadáns na Escola de Guillufe o pasado sábado 12.

“É o galego o que nos fai galegos”, reflexionou o autor quen mostrouse convencido de que as actuais políticas en materia lingüística desenvolvidas dende a administración autonómica, necesitan unha resposta firme e militante dos “zacoe”. “Dende logo, sexan vostedes conscientes (dirixíndose á audiencia) de que nós somos a fronteira final. Detrás de nós non hai nada. Non hai ninguén. Nós insisto -vou citar a Castelao-, nós pechamos a Compaña.”

O acto da entrega de premios tivo como mantedora á tamén escritora e poeta Marta Dacosta, quen nun momento emotivo da cerimonia fixo lectura do poema Lembraza da tecedeira, escrito polo mestre Victoriano Taibo en Morgadáns a finais da década dos ’40. Outro momento intenso da premiación foi a alegación do mestre e escritor Miguel Anxo Mouriño (IEM), a prol de que a traxectoria de Victoriano Taibo sexa recoñecida cun Día das Letras Galegas.

No plano institucional tanto o presidente da Entidade local, Urbano Esmerode, como o alcalde de Gondomar Fernando Guitián, salientaron o valor que para a parroquia e todo o concello ten o certame, e comprometéronse a seguir apoiando a súa edición nos vindeiros anos.

museo da galegofobia

sala de lingua cooficial (redimensionada)

sala do bilingüismo (pechada por reformas)

sala da diglosia (redimensionada)

sala de convivencia e o consenso (redimensionada)

sala do asimilismo (redimensionada)

sala da normalización lingüística (pechada por reformas)

sala do bos e xenerosos (ou dos fósiles)

Do manuscrito anónimo O ghetto de Partovia.” (Holocausto zacoe, Calros Solla, 2011).

 

Dim lights Embed Embed this video on your site

Dim lights Embed Embed this video on your site

Dim lights Embed Embed this video on your site

Dim lights Embed Embed this video on your site