Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura 71 cabodano dos asasinados na Volta dos Nove

71 cabodano dos asasinados na Volta dos Nove

Correo-e Imprimir PDF
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte
O IEM e a comisión Volta dos Nove, organizan unha ofrenda floral este fin de semán con motivo do 71 cabo deano do asasinato de nove veciños do Val Miñor o 15 de outubro de 1936. realizaranse dúas ofrendas florais na memoria dos nove de Baredo e de todas as víctimas da sublevación militar fascista. A primeira das ofrendas terá lugar os sábado 13 de outubro ás 19:30h, ao pé do monumento que se ergueu na súa memoria en Baredo. Un acto breve no que participaran familiares e autoridades municipais do Val Miñor.

A segunda das ofrendas terá lugar o domingo 14 de outubro, ás 13h (unha do mediodía) na punta do peirao de Panxón. Está prevista a participarán dos familiares e autoridades municipais de Nigrán.

A volta dos nove foi un dos feitos máis tráxicos da terrible represión que se iniciou co golpe de estado do 18 de xullo de 1936. Na amañecida daquel día 15 de outubro de hai sete décadas foron vilmente asasinados:

Felicisimo Antonio Pérez Pérez, mariñeiro de Panxón, 44 anos. Fillo de Antonio Pérez Domínguez e de Rosa Pérez. Casado, sen fillos.
Elías Alejandro Gonda Alonso "O Ghonda", labrador, de 36 anos, veciño de Santa Cristina da Ramallosa. Fillo de Ascensión Gonda Alonso. Casado cunha moza de Sabarís, Angelina Veiga Ríos, deixou tres fillos menores: Isabel, Carmen e Manuel.
Manuel Francisco Lijó Pérez "O Lijó" de 34 anos, natural de Corrubedo (Ribeira) aínda que vivía e traballaba como mariñeiro no barrio do Burgo (Baíña). Fillo de Francisco Lijó Oliveira e de Ramona Pérez Gonda, estaba casado con Eugenia Mijón Durán, veciña de Baiona. Deixaría orfos a cinco fillos menores de idade: Mercedes, Manuela, Maximino, Oto e máis Eva.
Modesto Fernández Rodríguez "O Rei Chiquito", 47 anos, mariñeiro, veciño de Panxón, fillo de José Fernández e Dolores Rodríguez. Traballaba como mariñeiro. Do seu matrimonio con Rosalía Rodríguez Iglesias deixaría seis fillos menores: Gloria, Lidia, Juan, Enriqueta, Jaime e Álvaro.
Fidel Leyenda Rodríguez, de 51 anos, mariñeiro de Baiona. Fillo de Eulogio Leyenda Álvarez e de Vicenta Rodríguez Míguez. Casado con Sofía Vieites Penedo, de Baíña, non deixaba fillos.
José Rodríguez González, "O Pelonio". Fillo de Rufina Rodríguez González. Veciño da Porta da Vila en Baiona. Tiña 45 anos Este mariñeiro deixaría viúva a Clementina Freire Mosquera, de 43 anos, e orfos a Rogelio, Manuel, José, Melitón e África.
Manuel Barbosa Durán, "O Ferreiro do Burgo". O máis novo dos asasinados na "Curva dos Nove", tan só contaba con 30 anos de idade. Mecánico, natural de Baíña, foi vivir a Panxón tras o seu matrimonio con Julia Sanjuan García. Deixaría seis fillos orfos. Os seus pais Alfredo Barbosa e Isabel Durán Álvarez.
Generoso Valverde Iglesias, fillo de Fermín e Constantina. Tamén traballaba como mariñeiro e contaba, cando segaron a súa vida, 37 anos de idade. Natural e veciño de Panxón, casado con Aurelia Rodríguez Cabral, deixou seis fillos, todos eles menores: Generoso, José, Germán, Vicente, Elodia e Constante.

 

Dende aquela o lugar é coñecido como A VOLTA DOS NOVE. As mans populares riscaron no chan, á beira da estrada, nove cruces que cultivaron a memoria durante décadas. Dende hai un ano á arbore de bronce e os loureiros ideados polo escultor Fernando Casás serven de merecida homenaxe ás víctimas da sublevación fascista.

Neste setenta e un aniversario os familiares, a Comisión Volta dos Nove e o Instituto de Estudos Miñoranos van celebrar unha ofrenda floral. Unhas homenaxes que simbolizan os valores de pluralidade e democracia que lles foron arrincados ao pobo, como aos nove veciños as súas vidas, polos que se ergueron en armas contra a República democrática. 

Nestas homenaxes o IEM e a comisión Volta dos Nove queren lembrar tamén "aos outros veciños do Val Miñor aos que a infamia lles arrincou o dereito á vida." Citan a aqueles do que teñen coñecemento:

 

  • Emilio Giráldez Rodríguez, O Viso, San Pedro Ramallosa, Nigrán
  • Miguel Gonçalves Pereira, Sancho, Panxón, Nigrán
  • Abilio González Pérez, O Viso, San Pedro da Ramallosa, Nigrán
  • José Vázquez Grela, As Angustias, Nigrán
  • Luís López Luís, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona
  • José López Luís, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona
  • Dolores Samuelle Álvarez, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona
  • Manuel Prado Pereira, Panxón, Nigrán
  • José Cabreira Valverde, Nigrán
  • Manuel Prudencio del Rosario, Chaín, Gondomar
  • Abilio Araújo Barbosa, Chaín, Gondomar
  • Gregorio Manuel Miranda González, San Pedro da Ramallosa, Nigrán
  • Telmo Freitas Lima, Panxón, Nigrán
  • José Millán Alonso, San Pedro da Ramallosa, Nigrán
  • Joaquín Guisande, Cabreira, Nigrán
  • José Rodríguez Veiga, Panxón, Nigrán
  • José Malla, Camos, Nigrán

 

E tamén aos que non sendo veciños do Val Miñor foron estas terras as que acolleron o seu último alento. Entre eles:

 

  • Delmiro Prado Lago, Carrasqueira, Coruxo,Vigo
  • Edelmiro García Suárez, Caride, Lavadores
  • Arturo Fernández Cabaleiro, Tui
  • Francisco Martínez Díaz, O Calvario, Lavadores
  • Alejandro Bastos Posada,Gandara, Beade,Vigo
  • Fernando Costas Iglesias, r/ Romil, Vigo
  • José Comesaña Pérez, Garita, Alcabre, Vigo
  • Antonio Comesaña Pérez, Cruceiro, Alcabre, Vigo
  • Emilio Comesaña, Alcabre, Vigo
  • Manuel Enrique Villar Cimadevila, O Pino, Vigo
  • Jesús Rodríguez García, Taboexa, As Neves
  • José María Barreiro Ferreira, Chenlo, O Porriño
  • Francisco Salgueiro Hermida, Sobreira, Valadares, Vigo
  • Cándido Veiga Rodríguez, Sello, Cabral,Vigo
  • Emilio Táboas, Poulo, Teis, Vigo
  • Américo Trigo,Travesía Bco. España, 10, Vigo
  • Juan Jesús Garrote Nogueira, r/ Abeleira Menéndez 22, b. Vigo
  • Carmen Gómez Domínguez, A Bagunda, Lavadores
  • Baldomero Iglesias de Cabo,Vigo
  • Jesús Fernández Alonso, Petelos – Mos
  • Eloy Pereira Fernández, San Miguel de Oia, Vigo
  • Albino Pedreira Puentes, San Miguel de Oia, Vigo
  • Manuel Pérez Fernández, r/ Mariana Pineda, 62,
  • Amante Caride Rodríguez, Cabral, Lavadores,

 

Dim lights Embed Embed this video on your site

 

Duras críticas á desidia do concello de Baiona no último homenaxe.
O director do Institutos de Estudos Miñorán suliñou o grande abandono por parte do Concello de Baiona e o incumprimento das súas promesas de colaboración na conservación e finanzamento do pequeno espazo axardinado que arroupa o monumento de Fernando Casás.

Por elo a comisión da Volta dos Nove volveu a solicitar a colaboración cidadá para poder sufragar os gastos dos 20.000 euros que custou o conxunto artístico para os homenaxeados.


INGRESO na conta de Caixanova  2080 0528  66 0000005960
TARXETA ou conta PAYPAL se queres facer o donativo por internet pulsa no seguinte botón