Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor A deputación de Pontevedra pagou 300.000 euros en ceas, publicidade e promoción da Vuelta

A deputación de Pontevedra pagou 300.000 euros en ceas, publicidade e promoción da Vuelta

Correo-e Imprimir PDF
Rajoy, Feijóo e Louzán dan a saída de La Vuelta 2013/ José Chazo

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, botou a casa pola fiestra durante a pasada edición de La Vuelta. E que só para os gastos de publicidade, mercadotenia, promoción e comidas destinou máis de 296.000 euros. E iso sen contar o custe da famosa batea desde a que saíu a carreira  --que se fixo para a ocasión-- e o do patrocinio desta edición ciclista.

Segundo datos aos que tivo acceso Galicia Confidencial de fontes do organismo provincial, Louzán destinou 134.990 euros en publicidade nos medios de comunicación tanto galegos como estatais. Nalgúns casos, como no Faro de vigo, El Correo Gallego, La Voz de Galicia ou Diario de Pontevedra chegou a insertar varios anuncios consecutivos con ata catro partidas diferentes. Noutros, como o grupo Marca, Atlántico Diario ou o Diario de Arousa foron tres as partidas destinadas.

Diñeiro para todos os grandes grupos de comunicación

Ademais, e a pesar de non ser xornais específicos da provincia de Pontevedra, a deputación elexiu para publicitarse a El Correo Gallego --cuxa difusión nesta provincia é case nula-- ou ao xornal coruñés La Voz de Galicia. Desta forma, todos os grandes grupos de comunicación galegos foron subvencionados xa que o grupo El Progreso controla o Diario de Pontevedra, o Grupo La Capital o Diario de Arousa e o grupo La Región o Atlántico Diario, ademais da CRTVG, a través da Radio Galega.
 
A institución provincial tamén asinou convenios publicitarios con grupos españois comoMarca de Unidad Editorial --que tamén edita El Mundo--, El País ou ABC. 
 
Sen embargo, outros medios con forte implantación na provincia e, mesmo, con máis lectores dixitais que algúns dos medios subvencionados como é o caso de Vigo al Minuto non foron tidos en conta nesta inversión publicitaria que pagan todos os pontevedreses.

Máis de 26.000 euros en comida

Pero o que máis chama a atención dos gastos aos que tivo acceso GC son os de promoción e comidas. Así, hai facturas de 6.000 euros no hotel da Toxa e no Hotel Rotilio, entre a Praia de Silgar e o porto deportivo de Sanxenxo só en ceas. E tamén máis de 20.500 euros en catering con produtos do Deza. 
 
O maior gasto desta partida foron os 50.000 euros que a deputación destinou á carreira cicloturista. Pero tamén destacan os 42.300 da sinalización especial para a carreira ou os case 33.000 da promoción de Únete á Volta.  Louzán tamén gastou 5.324 euros nun vo fotográfico, 3.412 nun servizo de vídeo ou 3.025 en recollida de materiais.
 
Ademais, aparecen varios convenios con concellos dos que non se especifica importe económico, entre eles, o de Lalín, Vilagarcía, Baiona, Sanxenxo ou Vilanova, todos eles gobernados polo PPdeG. 

Gastos

MEDIOS DE COMUNICACIÓN
  • Faro de Vigo 4.610,11, 6.000,  6.000  e 8.022,30 para a edición dixital. TOTAL: 24.632
  • Radio Galega 21.721,92 euros, 
  • El Correo Gallego 1.115, 6.352,50, 2.420 e 7.078,50 para a edición dixital  TOTAL 16.965
  • La Voz de Galicia 4.048, 2.066,68, 2.066,68 e 7.000 para a edición dixital  TOTAL: 15.512
  • Diario de Pontevedra 5.132,12, 2.169,55, 3.386,67 e 1.871 TOTAL: 12.558
  • Atlántico Diario 5.509,59, 3.509 e 2.783 TOTAL: 11.801
  • Diario de Arousa 1.960,20, 4.247,10 e 2.917,31 TOTAL: 9.124
  • Radio Marca 8.712 euros e Marca 6.050 e 1.844,04    TOTAL: 16.606
  • ABC 4.477
  • El País 3.726,80
TOTAL MEDIOS: 134.990 euros
 
 
COMIDAS
  • catering productos Deza 20.570
  • Cena na Toxa (saída) 3.000 euros
  • cena Hotel Rotilio (1ª etapa) 3.000
TOTAL: 26.570
 
 
VARIOS
  • Recollida materiais 3.025
  • Carrera cicloturista 50.000
  • Únete á Volta  32.999,12
  • Señalización 42.350
  • Vo fotográfico  5.324
  • Servizo de Vídeo 3.412,20
 
TOTAL DE TODA A PARTIDA: 296.140
 
Coa colaboración de Galicia Confidencial