Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Festa do Samaín no Pavillón de Panxón a partir das 17 horas.

Festa do Samaín no Pavillón de Panxón a partir das 17 horas.

Correo-e Imprimir PDF
Festa en Panxón con motivo do Samaín.

A chegada das ánimas na noite do vindeiro luns espertará unha vez máis o ritual das cabazas desafiantes. Unha morea de pequenos trasgos e pantasmas percorrerá as vilas ao berro de "trato ou truco". Chega a noite do Samaín ou Samhain, o por efecto da globalización, o Halloween. As antigas festas pagás axeitadas aos usos e costumes da sociedade actual son propicias para a organización de festas de lecer como a que terá lugar no Pavillón Deportivo Municipal de Panxón o vindeiro martes 1 de novembro.

Dende as 17 horas comezará un encontro destinado a nenas e nenos de tódalas idades. A participación ten unha condición: ir disfrazados. A xuntanza está organizado pola Concellería de Patrimonio, Igualdade e Xuventude de Nigrán a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX). As persoas interesadas deben dirixirse á OMIX, na antiga estación do tranvía de Panxón, no teléfono 986383081 ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo