Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Baiona organiza obradoiros no día de Samaín

Baiona organiza obradoiros no día de Samaín

Correo-e Imprimir PDF
O departamento de Xuventude que dirixe a Concelleira María Iglesias Fernández e o departamento de Educación que dirixe Rosa Ana Marcote Guillén, organizan un obradoiro para os nenos/as da Vila co motivo de celebrar a festa popular do Samain, celebración pagá e ancestral que xurde dos celtas que facían diferentes actos para celebrar nese día a unión do mundo dos vivos e dos mortos.

O programa de actividades dará comezo hoxe 31 de outubro ás 17h na praza do Concello e prolongarase durante a tarde.

Para máis información ou aclaración poden dirixirse a oficina de Xuventude ou Educación que cita na Casa do Concello ou ben no telefono 986 385 925

 

Día de Samaín 

"Samain" é a festa coa que os pobos celtas recibían o novo ano. Logo fusionouse co festa cristiá do Día de Todos os Santos e deu orixe ao "Halloween" anglosaxón.

Samain é unha das principais festas dos celtas que celebraban a noite anterior ao 1° de novembro, o inicio dun novo ano.

Como en toda festa, as comunidades comparten non só as alegrías e tristezas da súa existencia terreal senón os recordos e a memoria dos antepasados, que na véspera do Samain os tiñan por presentes ata reservándolles un lugar con comida e bebida.

Co cristianismo, a festa consagrouse a todos os santos e así os pobos anglosaxóns a esta festa recoñécena como "Halloween" (All Hallos Even), ou sexa, Véspera de Todos os Santos.

Os celtas, pobo eminentemente guerreiro, crían que posuír a caveira dos seus inimigos outorgáballes a forza do seu espírito. Para esta época colocaban velas dentro delas para asustar aos vivos. Actualmente, as cabazas iluminadas con velas reflicten esta tradición máis dun modo festivo que intimidatorio.