Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O BNG-Baiona demanda o derrube dos bungalows e posterior traslado do camping da Ladeira.

O BNG-Baiona demanda o derrube dos bungalows e posterior traslado do camping da Ladeira.

Correo-e Imprimir PDF
camping ladeira

Sinalan que tras 14 anos de ordenado o derrube dos bungalows ilegais instalados no Camping Bayona Playa, as “manobras dilatorias dos infractores, mediante arducias legais, unidos á desidia do Goberno Municipal permiten que sigan en pé”. A queixa dos nacionalistas prodúcese ao tempo que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), solicita ao Concello  de Baiona “unha resolución firme que declare o carácter ilegalizable das obras, para o que debe responder ao recurso de reposición de forma expresa.” Nese senso, o BNG pregunta “cómo pode ser que veña agora o TSXG a reclamar ao Concello de Baiona unha resposta ao recurso da propiedade porque cando o tivo que presentar non o fixo?”

O BNG lembra que os devanditos inmobles con orde de derrube están “situados en solo non urbanizable de especial protección e dentro da Rede Natura 2000”. Nese senso, ten reclamando no Congreso dos Deputados que se aprobe unha partida orzamentaria que permita a recompra dos terreos do camping. Isto, sumado á proposta de que no PXOM baionés se habilitara unha ubicación alternativa. Entenden que isto permitiría “que un servizo turístico necesario en Baiona desempeñase a súa actividade, pero non a costa de degradar un espazo natural que, recuperado, sería un atractivo turístico máis para o noso concello”.

Acusan ao PP de Vázquez Almuñíña de “retrasar intencionadamente a restitución da legalidade” e de negarse a procurar alternativas.