Mércores, 15 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O camping de Ladeira non só non derruba se non que constrúe dous bungalows máis

O camping de Ladeira non só non derruba se non que constrúe dous bungalows máis

Correo-e Imprimir PDF
camping ladeira

Depois de que onte saltara aos medios de comunicación a orden de execución da sentenza de derrubo por parte do concello á empresa propietaria dos 34 bungalows ilegais construídos no ano 2000 no camping Baiona Playa, a noticia segue dando que falar xa que o grupo municipal do BNG de Baiona puxo en coñecemento durante o pleno de onte o traslado de outra denuncia máis ante a Fiscalía de Medioambiente pola construcción de máis bungalows no ano 2011.

O BNG denunciaron ante a fiscalía a demora da orde de execución da sentenza por parte do alcalde de Baiona e unha presunta ocultación por parte da secretaria municipal. O BNG aseguraba onte no salón de plenos que levaban solicitando reiteradamente información sobre o expediente á secretaria sin obter resposta de ningún tipo.

12 anos de actividade económica con 34 bungalows ilegais

En xaneiro de 2000, durante o mandato de Quintas, o camping Baiona Playa inicia a construción e colocación de 34 bungalows na praia da Ladeira, un enclave dunar que pecha a Foz do Miñor. En xullo dese mesmo ano, a xefatura Provincial de Costas de Pontevedra resolve un expediente sancionador aberto contra o Campping de Baiona Playa pola construcción dos 34 bungalows nun lugar pertencente ao Dominio Público Marítimo Terrestre, e impón unha multa de 30.000 euros (5.000,000 pts) e a demolición do construido.

O camping Bayona Playa, interpón un recurso de alzada contra a resolución, o cal foi desestimado por silencio administrativo pola xefatura de Costas, ao cal o camping recurre ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

En xuño de 2004, O Tribunal Superior de Xustiza desestima o recurso e advirte de que a sentenza é firme que non cabe posiblidade de recurso ordinario.

O camping recurre esta sentenza ante o tribunal constitucional que finalmente falla a favor do Concello e obriga ao propitario á demolición do construído e a súa vez ao concello á excutar á reposición da legalidade urbanística.

Dunrate 12 anos, os 34 bungalows do camping non foron precintados ou pechados e foron alugados para o aloxamento durante todo o ano. Uns prezos que rondan entre os 49 e os 126 euros por día según as tarifas vixentes do propio camping.

O tribunal de xustiza de Galicia impuxo unha multa de 143.000 euros a aboar ao concello de Baiona, multa que foi pagada no ano 2006