Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Belesar prepara o seu entroido máis tradicional

Belesar prepara o seu entroido máis tradicional

Correo-e Imprimir PDF

Os veciños e veciñas de Belsesar levan xa toda a semán de entroido. Os tradicionais mecos decoran dende o comezo da semán algúns puntos da parroquia baionesa.

A cita da festa será este sábado ás 16h con saída dende o torreiro Belesar para dar o percorrido pola parroquia e regresar ao torreiro onde agarda unha grande chocolatada.

Todo listo para arrancar a terceira volta do entroido en Belesar. Os tradicionais mecos de entroido penduraban dende esta semán dalgúns postes e semáforos de Belesar advertindo a locais e visitantes que a parroquia está en festas. Rajoy, Feijoo e Merkel penduran dende fai varios días os postes do alumeado, con carteis satíricos convidando á festa.

Os veciños organizadores danlle brío a machetes e motoserras para decorar con mimosas os seus tractores para que todo quedase listo para a cita de mañá.

Recuperación da festa de entroido en Belsear

Un grupo de veciños da parroquia baionesa decidiron recuperar en 2012 esta festividade e tomar a iniciativa ante a ausencia de asociacións veciñais que organicen eventos culturais na parroquia. Despois de 20 anos sen celebrar esta festividade, o grupo de veciños de Belesar tomaron a iniciativa de recuperar esta festa que todos eles lembran con nostalxia pero sen resignación. A iniciativa xurdiu novamente dende o grupo de Facebook "Belesar protesta" que a semán pasada volvía a facer un chamamento no seu perfil para repetir a festa das edicións anteriores.

A festa

Ademais do tradicional percorrido en tractor e chimpín decorados para a ocasión. As peculiares carrozas levarán música e a "carallada" típica do entroido polas zonas de A Estivada, A Granxa, Urgal, ...para rematar cunha chocolatada no torreiro para todos os asistentes.

A comisión de festas de San Lourenzo de Belesar tamén abrirá unha cantina no torreiro para recadar fondos para ás festas da parroquia.

Ver imaxes do entroido de 2012 aquí, feitas por 1punto1 Fotografía