Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Belesar prepara a segunda volta do seu carnaval máis tradicional

Belesar prepara a segunda volta do seu carnaval máis tradicional

Correo-e Imprimir PDF
Organizadores do entroido de Belesar 2013 - Imaxe: Belesar Protesta
Carroza da anterior edición de entroido en Belesar - Imaxe 1punto1fotografia.com
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Os veciños e veciñas de Belsesar levan xa toda a semán de carnavais. Os tradicionais mecos decoran dende o comezo da semán algúns puntos da parroquia baionesa.

A cita da festa será este sábado ás 16h con saída dende o cemiterio de Belesar.

Todo listo para arrancar a segunda volta dos carnavais en Belesar. Os tradicionais mecos de entroido penduraban dende esta semán dalgúns postes e semáforos de Belesar advertindo a locais e visitantes que a parroquia está en festas. 

Onte o grupo de veciños organizadores dábanlle brío a machetes e motoserras para decorar con mimosas os seus tractores para que todo quedase listo para a cita de hoxe.

Un grupo de veciños da parroquia baionesa decidiron recuperar en 2012 esta festividade e tomar a iniciativa ante a ausencia de asociacións veciñais que organicen eventos culturais na parroquia. Despois de 20 anos sen celebrar esta festividade, o grupo de veciños de Belesar tomaron a iniciativa de recuperar esta festa que todos eles lembran con nostalxia pero sen resignación. A iniciativa xurdiu novamente dende o grupo de Facebook "Belesar protesta" que a semán pasada volvía a facer un chamamento no seu perfil para repetir a festa do ano pasado.

A festa
Segundo contan a festa consistía nun percorrido por toda a parroquia disfrazados e enriba duns tractores que eran decorados para a ocasión. Estas peculiares carrozas levaban música e o humor de "carallada" típica do entroido polas zonas de A Estivada, A Granxa, Urgal, ...para rematar nun concurso de disfraces no torreiro das festas. 

 

A festa comezará hoxe ás 16h no cemiterio de Belesar e rematará no torreiro das festas cunha grande chocolatada para todos os asistentes.