Domingo, 5 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Unha gran área deportiva de 700.000 metros en Baredo con campo de golf

Unha gran área deportiva de 700.000 metros en Baredo con campo de golf

Correo-e Imprimir PDF
Tanto os políticos como os técnicos resaltaron onte a vocación dotacional do Plan Xeral de Baiona. E é que, segundo os datos de Xullo Adán, o documento recolle 83 parcelas destinadas a zonas verdes de 626.000 metros cadrados, mentres que reserva 846.000 metros a equipamientos deportivos, culturais e docentes.

Destes, 700.000 metros destinaranse exclusivamente a unha gran área deportiva situada en Baredo, no límite con Oia, á altura da Hermida. "Alí podería establecerse un campo de golf de socios baioneses, centros deportivos relacionados coa equitación, entre outras actividades", sinala o director de Servicat. 

Estas novas dotaciones custarán en torno a 45 millóns de euros, segundo os cálculos de Xullo Adán. O concello só terá que aportar 5 millóns en 15 anos -en torno a 330.000 en cada exercicio- para poñelos en marcha, posto que as cesiones urbanísticas aportarán chan e liquidez para afrontalas.

Continúa no Faro de Vigo