Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Cartas Preocupacións

Preocupacións

Correo-e Imprimir PDF
Moito se está a falar da zona deportiva que previsiblemente ocupará un campo de golf. Non cabe dúbida que se insiste desde o Goberno Municipal que non se contemplarán chalets na urbanización e que será de carácter público. Como en todos estes debates que se orixinan na Administración, temos que andar con pes de chumbo, porque, ¿que queren decir con público?. Aquí xa se ten comentado que a concesión da lámina de auga non é unha privatización, que a Piscina Mancomunada é pública e que a futura Gardería Municipal tamén se xestionará a través dunha concesión e non a través da rede de Galescolas da Xunta. Deixar a xestión dun servizo municipal en mans privadas pode non considerarse legalmente unha privatización, pero de feito o é. Xa que logo, se se pretende a construcción dun campo de golf público, non teremos máis remedio que voltar a falar dunha xestión privada que conlevará, ademáis, se non a construcción  de vivendas unifamiliares, si algún tipo de área hoteleira e infraestructuras de servizos. Estamos a falar que desde o PP se protesta por especular no mar, pero promove a especulación no monte.

Non debemos esquecer os precedentes recentes e próximos a nós, como o campo de gold de Domaio. Cando se impulsou, ía ser a revolución do turismo do Morrazo, hoxe é un fiasco previsto polas sandías, aqueles que se dí que son verdes por fora pero roxos por dentro. Hoxe poidemos ler unha nova na Voz de Galicia que nos debería facer reflexionar sobre a Baiona que queremos, se imos permitir que a nosa identidade desapareza polo ben do progreso ou si debemos tentar atopar un equilibrio entre o que somos e o que precisamos ser. Pode que moitos non sepan de que vai a xogada, a grandes rasgos plasmaremos aquí a estratexia dos campos de golf:

Golf Domayo S.A. constrúe un campo de golf en Domaio, sen urbanización de vivendas. No 98 o Pleno de Moaña acorda a urbanización nas inmediacións do campo, no que se incluían 460 vivendas, como medida para poder soster económicamente o mantemento do campo de golf. Qué sorpresa, un campo de golf por sí so non é viable. Evidentemente, a sociedade Golf Domayo S.A. quebrou e unha nova sociedade ganou a poxa. Luita Verde pelexou pero ainda non gañou, pero a razón lles asiste e ese xa é un tanto ao seu favor.

Nos sona de algo estas artimañas? ¿Aceptaría algún político que louba agora as excelencias dun campo de golf un compromiso de marcharse para casa se se van sucedendo os feitos parellos ao que se está a producir en Moaña? Antes as verbas as levaba o vento, pero agora existe unha ferramenta dixital chamada hemeroteca. Consultádea na Voz de Galicia.

 

Maís comentarios en Baiona Consciente