Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

A asemblea de militantes do CDL Gondomar ratifica o liderado da concelleira Natalia Salgueiro.

Correo-e Imprimir PDF

Natalia-SalgueiroA asemblea de afiliados do CDL Gondomar ratificou o liderado da concelleira Natalia Salgueiro ao fronte da agrupación centristas ao nomeala presidenta da Xestora Local. Na mesma xuntanza, celebrada este mércores 18 de xaneiro na sede de Gondomar, foron nomeadas outros 11 militantes nas distintas áreas da Xestora. Ao acto concorreron Luís Fraga, presidente provincial do CDL e mais José Palacín, como cabeza federal do partido.

Reclamacións pola situación das liñas eléctricas e xeradores en dous barrios do concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

columna-con-ferros-tomada-2Dous barrios de Gondomar están afectados por problemas nas instalacións dos transformadores eléctricos da zona. No barrio Tomada (Borreiros )a columna que o sostén está danada e suxeita cun reforzo de ferro. A mesma liña eléctrica á altura da Mourisca (Chaín), resulta insuficiente para abastecer ó barrio, tal e como denuncian os veciños.  Pola súa banda, o BNG informou que existe no Concello de Gondomar un expediente cos correspondente solicitude de licenza de FENOSA para arranxar ás instalacións, sen que aínda foran concedidas. Os nacionalistas levarán o asunto ao pleno municipal deste xoves.

O pleno de Gondomar debaterá a anulación de tres licenzas urbanísticas.

Correo-e Imprimir PDF

Tres licenzas urbanísticas serán revisadas no pleno municipal deste xoves en Gondomar. Unha por decisión xudicial. Outra por erros administrativos na súa tramitación. A terceira por pertencer ao grupo de permisos outorgados con informes externos durante o mandato do ex rexedor Martín Urgal, cando as técnicas municipais foron afastadas do seus cometidos en materia urbanística. Esta última podería implicar o peche dun local hostaleiro que leva un mes en funcionamento.

Gondomar deberá afrontar unha débeda de 500 mil euros ante a Xunta por mor do saneamento 2005.

Correo-e Imprimir PDF

concello gondomarGondomar deberá afrontar unha débeda de 500 mil euros ante a Xunta de Galicia por mor do impago da parte correspondente ao concello para a realización do saneamento municipal en 2005. Daquela, o goberno encabezado polo alcalde popular Carlos Silva, dispuxo as partidas orzamentarias para facelo, mais os fondos nunca chegaron a Augas de Galicia, coa que se tiña contratada a obra. O feito foi denunciado este mediodía pola agrupación municipal do BNG.

Contratempo na praza de abastos municipal de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

A praza de abastos municipal de Gondomar veu demorada dúas horas a súa apertura este sábado. Ás 10:00 horas da mañá os praceiros recibiron o servizo de auga que habilita o normal funcionamento dos seus postos. O feito foi denunciado polo concelleiro Xosé Antón Araúxo (BNG), quen informou que "ás 10,30hs cando a cousa se "normalizou" o negocio xa esteba perdido e a maioría dos clientes que alí se chegaron xa foran de volta."

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL