Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

O BNG propón reducir os soldos dos concelleiros de goberno de Gondomar nun 50%.

Correo-e Imprimir PDF

concello gondomarOs nacionalistas presentaron nesta xornada por Rexistro Municipal unha moción de acordo na que na súa parte resolutiva solicita ao pleno da corporación municipal acordar "reducir as dedicacións parciais e as dúas exclusivas nun 50% e destinar os cartos desa redución a comedores escolares e programas de emerxencia social." A iniciativa, segundo o BNG, susténtase na actual situación de crise e no convencemento de que o alcalde Fernando Guitián e o seu equipo de goberno "non as merecen pois non están á altura das circunstancias".

EU presentou unha proposta para fornecer a iniciativa popular nos temas municipais de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

delvinoeuCo obxectivo de aumentar a participación ciudadá na xestión do goberno local, Esquerda Unida de Gondomar pretende baixar do 15% ao 3% o números de veciños necesarios para exercer o dereito de Iniciativa Popular no ámbito municipal. A iniciativa foi presentada formalmente na pasada xornada ao alcalde Fernando Guitián, quen comprometeuse a estudar a moción e dar unha respota, segundo informou Delvino Domínguez, coordinador local de EU. A proposta de regulamento do exercicio da iniciativa popular, inclúe o ámbito parroquial, cun requisito neste caso do 5% do último censo electoral na devandita parroquia. A partir desta xornada, EU comezará unha rolda de conversacións co resto das agrupacións municipais de Gondomar, a fin de buscar apoios á moción.

Os colectivos de protección dos dereitos dos animais reclaman "contundencia xudicial" no caso da canceira de Vincios.

Correo-e Imprimir PDF

vincios-3Varias fosas con cans mortos atopadas na canceira de Vincios por persoal do Seprona determinaron que o propietario do establecemento quedara imputado por orde da fiscal o pasado luns. A inspección tivo lugar a consecuencia das dilixencias abertas pola Fiscalía de Medio Ambiente, logo de varios anos de denuncias de diversas asociacións protectoras de animais e particulares sensibles co tratamento que reciben os cans en situación de abandono.

A Plataforma pola Defensa da Serra do Galiñeiro alegará o borrador da nova ampliación da Rede Natura 2000.

Correo-e Imprimir PDF

dsc 0001A Plataforma pola Defensa da Serra do Galiñeiro denuncia que unha vez máis O Galiñeiro queda fóra dos espazos a protexer, previstos na ampliación da Rede Natura 2000 que está a desenvolver a Xunta de Galicia. A plataforma, da que forman parte perto de 40 colectivos afectados, adianta que presentará unha alegación ao documento "Borrador do Plan Director da Rede Natura 2000", elaborado pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza (Medio Rural), e actualmente sometido ao público ata o vindeiro mes de marzo.

Por mor da crise o Concello de Gondomar fornece o seu Banco de Alimentos.

Correo-e Imprimir PDF

cruzrojaaliemntosCase 6.000€ recibirá o Banco de Alimentos de Gondomar, da cesión das asignacións dos 17 concelleiros correspondentes a súa asisntencia ao pasado pleno de febreiro. A medida, proposta polo edil Manuel Gómez (IXG), foi aprobada por maioría dos membros da corporación coa intención de fornecer as arcas deste servizo. O acordo, cumprimenta outro aprobado no mesmo pleno a iniciativa da alcaldía, que implicou a sinatura dun convenio de cesión dun local por parte da Entidade Local Menor de Morgadáns, con destino a centro-almacén e distribución de alimentos para o Banco.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL