Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Araúxo alerta da situación de deterioro que sofre a Ponte das Ánimas.

Correo-e Imprimir PDF

R0012138O concelleiro nacionalista Antón Arauxo alertou ás autoridades municipais de Gondomar sobre a situación de deterioro que sofre a Ponte das Ánimas. A mítica estrutura pétrea, situada sobre o Río Miñor na súa pasaxe pola vila, amosa "pintadas, pedras fóra do sitio, plásticos, maleza, etc, e por último os estragos causados na mesma polas enchentes do pasado mes de novembro que tiraron unha parte do petril da ponta e deixaron en situación de inestabilidade a outra, co conseguinte perigo para as persoas que por alí pasan, principalmente aos nenos", sinaluo o edil.

A xustiza cita a declarar ao ex alcalde Martín Urgal e ao ex concelleiro de Urbanismo Alfonso de Lis.

Correo-e Imprimir PDF

funcionarios espaldasUn novo episodio xudicial afrontará o Concello de Gondomar en materia urbanística. O xustiza determinou que o ex alcalde Martín Urgal deberá comparecer este xoves como imputado para explicar os motivos polos cales afastou das súas responsabilidades urbanísticas ás técnicas municipais sustituíndolas por unha asesoría legal externa. Alfonso De Lis, ex concelleiro de urbanismo tamen foi citado como imputado polo Xulgado de Instrución Nº3 de Vigo aos efectos de brindar a súa versión dos feitos.

A gondomareña Vanessa Veiga, campioa de España de maratón a un paso de Londres 2012.

Correo-e Imprimir PDF

vanesaveigaA atleta gondomareña Vanessa Veiga quedou a un paso dos Xogos Olímpicos de Londres 2012 logo de proclamarse campioa de España de maratón. A proba desenvolveuse este domingo, no marco da segunda edición da Maratón Internacional de Castellón, nela Veiga fixo o percorrido nun tempo de 2h32:27 e obtivo a marca mínima para clasificarse aos Xogos de Londres. A vitoria na carreira foi para a kenyana Jemina Jegalat que investiu 2h:28:34 para completar os 42,195 quilómetros da proba, por diante de Vanesa Veiga e Beatriz Ros (2h33:11).

Comeza o IV Torneo escolar de tenis Nadal en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

tenisA partir do vindeiro domingo terá lugar o IV Torneo escolar de tenis Nadal organizado polo Club de Tenis Gondomar. Nesta edición participarán máis de 130 nenas e nenos nas competencias que terán lugar a partir das 9 horas. Os partidos celebraranse nas instalacións do Pavillón Municipal de Gondomar e nas pistas exteriores do IES Auga da Laxe. O evento conta coa colaboración do Concello de Gondomar a través da Concellería de Deportes.

Espectáculo musical na praza do Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

 

praza-concello-gondomarO Concello de Gondomar celebrará este xoves ás 13 horas un concerto a cargo da Big Band  de Vincios no quiosco da praza do Concello. O espectáculo servirá tamén para amosar as recentes obras de remodelación deste senlleiro espazo público da vila condal. Unha fonte de chorros e novo mobiliario urbano (bancos e papeleiras) forman parte da nova faciana.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL