Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

O BNG presenta dúas iniciativas co fin da afondar o compromiso en políticas sociais do Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Ancianos-7O BNG presentará no pleno deste xoves dúas iniciativas de carácter social a prol de afondar a implicación do Concello de Gondomar en materia de políticas socias. Nese senso, o concelleiro Emilio García Crego formulará unha moción solicitando un acordo para dirixirse á Consellería de Traballo e Benestar para manifestar o interese do municipio en considerarse partícipe e beneficiario do proxecto "Envellecemento+Activo". Na mesma iniciativa, o edil solicitará á Consellería de Facenda da Xunta de Galicia para que se incremente a dotación orzamentaria para 2012 destinada á cobertura de servizos sociais administrados polos Concellos Galegos.

Gondomar estuda solicitar un informe de impacto ambiental polo parque eólico na Serra do Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF

galieiro ao_fondo
O Concello de Gondomar recibiu o documento de inicio do proxecto sectorial do polígono eólico que enviara a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ás administracións locais, como parte da tramitación da concesión. Nesa achega, Medio Ambiente interroga á administración local sobre a necesidade de elaborar un informe de impacto ambiental, nomeadamente sobre a parroquia de Vincios, no caso de Gondomar, co fin de ampliar a información sobre os efectos do proxecto na zona. A devandita consulta atópase a estudo do arquitecto municipal e de momento, o rexedor Fernando Guitián non quixo adiantar a decisión do seu goberno ata obter a opinión do técnico.

Presentan un vídeo cunha simulación do impacto do parque eólico na Serra do Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF


desfeitagalineiroOs trece aeroxeradores proxectados para a Serra do Galiñeiro na última adxudicación de parques eólicos efectuada pola Xunta de Galicia cambiarán de xeito radical a fisionomía e a paisaxe do mítico monte. Así o demostra unha simulación das instalacións feita por membros da plataforma de cidadáns e asociacións que loita por evitar a súa instalación. A través dun vídeo, e seguindo os datos contidos na oferta presentada por TERRA DO VENTO S.R.L., adxudicataria do polígono eólico, a Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro, denuncia o grave impacto que sobre a riqueza patrimonial deste enclave terá a obra.

O BNG pedirá explicacións ao Concello pola retirada das quendas de autobús de Melytour.

Correo-e Imprimir PDF

 

terminal gondomarOs veciños das parroquias de  Couso, Peitieiros, Chaín e Morgadáns  se ven afectados dende hai semanas  polo retiro de tres quendas do servizo de autobús que os comunica coa vila de Gondomar e Vigo. A empresa Melytour , concesionaria das liñas suprimiu as saídas de Vigo ás 10hs e ás 13hs, e a saída dende Couso ás 15hs que pasan polas devanditas parroquias por ser deficitarias. A pesar que o pleno de Gondomar mandatou á alcaldía para que esixise o inmediato reintegro das devanditas quendas, no pasada reunión de novembro,  aínda non foron repostas. O concelleiro Antonio Araúxo (BNG)  expresou  esta mañá que “ademais de apoiar as xustas reclamacións dos veciños, anunciamos que que lle pediremos explicación ao alcalde no vindeiro Pleno de decembro, así como á propia Xunta a través dunha iniciativa no  Parlamento Galego”.

A Biblioteca de Gondomar recibe unha doazón de máis de 60 libros da Fundación Barrié.

Correo-e Imprimir PDF

 

casadaculturaA biblioteca municipal de Gondomar recibiu a doazón de máis de 60 libros editados pola Fundación Barrié para incorpora-los aos seus fondos de consulta en sala.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL