Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Inscricións para o turismo termal do programa IMSERSO, no Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

casadaculturaA Concellaría de Benestar Social do Concello de Gondomar, a través do Departamento de Benestar Social, ten aberto o prazo de presentación de solicitudes para o Programa de Termalismo Social do IMSERSO, para persoas maiores e pensionistas que cumpran os requisitos da convocatoria.

Gondomar inicia o 2012 co orzamento prorrogado do anterior goberno do alcalde Martín Urgal.

Correo-e Imprimir PDF

concello gondomarO BNG denuncia o xeito de que unha vez máis, Gondomar iniciará un novo año cun orzamento prorrogado. O Concelleiro Xosé Antonio Araúxo, lamentou que o bipartito (PP-CDL) non fora capaz "de aprobar os orzamentos municipais en tempo e forma, tendo Gondomar dende o día un de xaneiro os orzamento prorrogados." O edil salienta que isto obriga a que o concello deba funcionar cun planeamento orzamentario desenvolvido polo anterior goberno, "que só tiña por obxecto o cobro das adicacións exclusivas dos señores (Martín) Urgal, (Alfonso) De Lis, (José Carlos) Cabaleiro, etc..."

O grupo municipal do BNG devolverá as axendas do 2012 obsequiadas pola alcaldía de Gondomar .

Correo-e Imprimir PDF

O Bloque acusa ao goberno municipal de ordenar a impresión de 100 axendas 2012 cun importe próximo aos 2000 euros, cando dito gasto tiña un informe contrario da Intervención do Concello. O mesmo, segundo o BNG, fundamentase por "non haber dispoñibilidade orzamentaria para facelo." Os nacionalistas adiantan que devolverán os cinco exemplares que foron entregados aos seus concelleiros, no entendido que trátase dun "gasto innecesario nestes tempos de crise e recortes".

A presidenta da Asociación de Mulleres Rurais desminten os feitos referidos á estructura do Belén viviente en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

A Asociación de Mulleres Rurais de Gondomar rexeitou as acusacións verquidas onte por unha veciña do municipio nunha carta ao director, onde acusaba ao colectivo e ao Concello de non retirar uns cartaces onde aparecía unha imaxe que consideraba "denigrante para as mulleres" polo seu contido e caracter de "obxeto-sexual".

Yolanda Santos, presidente da asociación, manifestou que esas imaxes pertencían á propia atracción de feira cedida desinteresadamente por un veciño de Gondomar, e que foron tapadas ante a imposibilidade de retiralas, xa que eran unhas planchas de metal que forman parte da propia estructura

Os Reis Magos e as rondallas toman as rúas de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe do pasarúas das rondallas en Gondomar o ano pasado

Gondomar prepara as súas festas de reis. O xoves 5 terá lugar a tradicional cabalgata que percorres as principais rúas céntricas da vila e remata coa recollida das cartas cos desexos dos pequenos. A celebración continuará o venres 6 cun certame e desfile de rondallas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL