Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

O Concello de Gondomar paga á Entidade Local de Morgadáns e aos seus provedores.

Correo-e Imprimir PDF

concello gondomarNun breve comunicado de prensa, o alcalde Fernado Guitián informou que o goberno de Gondomar pagou" hoxe á Entidade Menor (de Morgadáns)  e a todos os provedores previstos no recoñecemento extraxudicial de crédito tras desestimar, no último pleno extraordinario do pasado martes, a alegación presentada por Urbano Esmerode."

Urbano Esmerode séntese "marxinado" polo PP de Gondomar e o alcalde Fernando Guitián.

Correo-e Imprimir PDF

urbano-esmerode

O alcalde pedáneo de Morgadáns,Urbano Esmerode acusou esta noite ao rexedor Fernando Guitián de estar a "darlle a volta á perdiz" e non achegarse a resolver de xeito definitivo, tal e como tiñan acordado, o ingreso da parte dos impostos que lle corresponden á entidade local dentro dos orzamentos do Concello. Tamén acusou ao rexedor de manter un perfil "soberbio" na súa relación con el e a Entidade, amosada definitivamente na súa actitude de non chamarlle nin por teléfono para avisarlle da súa decisión de denegar a alegación presentada por Morgadáns contra a última modificación de créditos aprobada polo pleno de Gondomar.

O pleno extraordinario de Gondomar desestima por maioría a alegación de Urbano Esmerode.

Correo-e Imprimir PDF

O pleno extraordinario municipal de Gondomar celebrado esta mañá desestimou a alegación presentada por Urbano Esmerode Domínguez, presidente da Entidade Local Menor de Morgadáns, á modificación de crédito que por máis de 288 mil euros atenderá débedas cos provedores da administración gondomareña. A entidade local presentou a devandita alegación por mor da débeda que o Concello de Gondomar mantén con Morgadáns pola porcentaxe dos impostos recadados no seu territorio en 2010 pola administración municipal, e da que a parroquia debe percibir legalmente unha cota das mesmas.

Posta en valor ou “arboricidio”? Tamén as árbores espertan polémica entre goberno e oposición en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

parque-da-feiraMentres os operarios rematan as podas e acondicionamento do Parque da Feira en Gondomar, os métodos empregados na tarefa ingresan á area política. O BNG cuestiona a poda "homoxénea e sen distinción das clases arbóreas" coa que presuntamente o Concello decidiu acometer a obra. A denuncia súmase á xa feita polo PSOE en ocasión da mesma intervención desenvolvida no Parque da Coelleria, a Praza da Paradela e nalgunhas das rúas céntricas da vila. Pola súa banda, os técnicos da empresa privada encargada da actividade defenden a devandita actuación no senso de que a mesma permitirá salvar ás árbores da acción negativa de pragas e outras afeccións.

Morgadáns reclama ao Concello de Gondomar "o inmediato cumprimento" no pago dos tributos do 2010.

Correo-e Imprimir PDF

urbano-esmerodeA Entidade Menor Local de Morgadáns segue con problemas á hora de cobrar o que legalmente lle corresponde dos impostos recadados no seu territorio pola administración municipal de Gondomar. A pesar de tratarse de dúas administracións gobernadas polo PP , o alcalde pedáneo da entidade Urbano Esmerode Domínguez, debeu recorrer como no 2010, a unha vía formal para esixir esta vez ao goberno de Fernando Guitián "o inmediato cumprimento da súa obriga de abono das contías que corresponderían á participación da Entidade Local Menor de Morgadáns nos tributos dese Concello correspondentes ao ano 2010." A través dunha alegación presentada o pasado 13 de decembro, Esmerode recorreu unha modificación de créditos destinada a saldar débedas cos provedores municipais, pero que deixaba a Morgadáns fóra dos pagos a desenvolver antes do remate do ano. A todo isto, un informe do Interventor municipal asinado dos días despois recoñece que "existe crédito adecuado e suficiente" no orzamento do Concello para facer fronte a dito gasto. Pero recomenda desestimar a devandita alegación que afecta directamente a un crédito por máis de 288.000 euros xa aprobado polo pleno municipal de novembro con outros fins.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL