Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Gondomar comezará a cobrar unha taxa pola recollida do lixo a partir do 2º semestre de 2012.

Correo-e Imprimir PDF

basura-contenedor-npGondomar é o único concello de Pontevedra onde ata de agora o servizo de recollida de lixo non se cobra a través dunha taxa. O contrato coa empresa concesionaria é pagado na súa totalidade dende as arcas públicas. Nembargante iso vai cambiar por mor do plan de axuste das contas municipais aprobado polo goberno bipartito (PP-CDL) no pleno desta mañá. Consultado o alcalde Fernando Guitián, informou que posiblemente a taxa entre en vigor no segundo semestre deste ano.

Por mor da folga xeral o curso de Prevención de riscos laborais en Gondomar comezará en abril.

Correo-e Imprimir PDF

prevencion-riesgos-laboralesA concelleira de Formación e Emprego de Gondomar, Natalia Salgueiro deu a coñecer esta mañá que o comezo do Curso de Prevención de Riscos Laborais previsto inicialmente para o vindeiro xoves 29 de marzo será trasladado ao día 12 de abril. A mudanza foi xustificada pola concellaría co fin de evitar "coincidir -a inauguración do curso- con la convocatoria de huelga general".

Gondomar solicitará 1.7 millóns de euros para pagar aos provedores, dos cales case un millón levará GESECO.

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Gondomar solicitará un crédito do 1.7 millóns de euros a fin de facer fronte ao pasivo das súas contas en materia de débedas cos provedores. Dese montante case 1 millón será destinado ao pago de factura de GESECO, empresa encargado da recollida de lixo no municipio. O crédito, será concedido no marco da nova regulamentación do Real Decreto 4/2012, aprobado o pasado 24 de febreiro, que obriga ás entidades locais a certificar a débeda acumulada con provedores ata o 31 de decembro de 2011, e a presentar antes do 31 deste mes un plan de axuste para afrontar o pago de devandita débeda.

Gondomar leva 4 días sen servizo de policía local polas tardes.

Correo-e Imprimir PDF

concello escudo_vidrioO grupo municipal do BNG levantou a alerta onte pola tarde: a oficina da Policía Local estivo pechada e sen efectivos as tardes do venres, sábado, domingo e luns. A causa, unha cativa plantilla de tan só 6 efectivos para cubrir as necesidades de patrulla no municipio. Por riba dúas baixas médicas deixaron o grupo de seguridade reducido a 4 efectivos os últimos días e sen a posibilidade de cumprir horas extras por recortes orzamentarios.

Gondomar desbloquea a parálise urbanística e pon a disposición pública as delimitacións dos núcleos rurais.

Correo-e Imprimir PDF

fernando-guitian-alcaldiaO goberno de Gondomar deu un paso importante nesta xornada a prol de destrabar a parálise urbanística que afecta ao municipio dende hai máis de seis anos. A delimitación dos núcleos rurais do municipio, realizadas ao abeiro das normas subsidiarias e complementarias da provincia de Pontevedra de 1991, acadaron os informes favorables dos técnicos municipais (servizos xurídicos e arquitecto municipal) polo que os veciños poderán a partir do vindeiro luns consultar os expedientes administrativos relativos as súas propiedades co fin entre outros cometidos, de solicitar licencias.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL