Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

O Pleno de Gondomar debaterá sobre a situación dos animais confinados en Vincios.

Correo-e Imprimir PDF

PERRERA-DE-VINCIO-,PONTEVED-Tras varios anos de denuncias finalmente as reclamacións das protectoras de animais serán debatidas no pleno de Gondomar.

-O BNG presentou hoxe unha moción para que se desenvolva unha investigación á empresa Cánidos Valle Miñor S.L. por un presunto incumprimento da lexislación sobre protección dos animais.

As protectoras iniciaron fai uns días unha campaña na rede Actuable.es onde conseguiron recadar preto de 1800 firmas para solicitar o peche das instalacións e a cancelación do contrato coa citada empresa.

O CIM Gondomar abre inscricións para unha Aula de Adultos gratuíta no municipio.

Correo-e Imprimir PDF

Alfabetizacin01O Concello de Gondomar chama a inscricións para participar dunha Aula de Adultos. Un proxecto que oferta unha reciclaxe ou perfeccionamento dos saberes para persoas adultas do municipio. A proposta inclúe contidos como xeografía, historia, coñecementos de actualidade, visitas guiadas, arte, etc. Hai 15 prazas dispoñibles e o prazo de inscrición vence o vindeiro 20 de febreiro.

Veciños de Gondomar traballan no reciclaxe de plásticos para embelecer a Alameda da Vila.

Correo-e Imprimir PDF

simbologia-reciclar-plasticSi é veciño de Gondomar non tire os envases plásticos desta semana ao colector de lixo. Un grupo de veciños do municipio está a traballar con eles co fin de embelecer a Alameda da vila cara ao Entroido infantil de febreiro. Para iso, colocaron uns depósitos na fronte da Casa da Cultura e no CDL (a escola vella) de Gondomar, a fin cos veciños acheguen botellas plásticas, envases de iogur, natillas, etc.

ONGD de Nicaragua visitará o Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

casa-en-construcionUnha delegación da ONGD da República de Nicaragua, INPRHU-Somoto, visitará Gondomar este mércores ás 13 horas, co xeito de dar a coñecer os proxectos realizados co apoio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (FGCS). Trátase dunha das "Visitas ao Norte" que se organizan dende o FGCS, para divulgar as iniciativas cofinanciadas no Sur, pero tamén para sensibilizar á cidadanía sobre os desequilibrios da sociedade internacional.

Gondomar: Apertura de inscricións para o desfile de comparsas e carrozas Entroido 2012.

Correo-e Imprimir PDF

carnavalA Concellería de Cultura e Festexos do Concello de Gondomar abre hoxe a inscrición para o concurso de comparsas e carrozas do entroido, que terá lugar o domingo día 19 de Febreiro a partir das 16:00 horas nas principias rúas do casco urbano da vila. As agrupacións que desexen participar teñen de prazo ata o venres 10 de febreiro ás 13:00 horas, e deberán inscribirse no rexistro do Concello de Gondomar. Por máis información dirixirse ao Departamento de Cultura ou a través do teléfono 986 363 913.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL