Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O CIM Gondomar abre inscricións para unha Aula de Adultos gratuíta no municipio.

O CIM Gondomar abre inscricións para unha Aula de Adultos gratuíta no municipio.

Correo-e Imprimir PDF
Alfabetizacin01

O Concello de Gondomar chama a inscricións para participar dunha Aula de Adultos. Un proxecto que oferta unha reciclaxe ou perfeccionamento dos saberes para persoas adultas do municipio. A proposta inclúe contidos como xeografía, historia, coñecementos de actualidade, visitas guiadas, arte, etc. Hai 15 prazas dispoñibles e o prazo de inscrición vence o vindeiro 20 de febreiro.

 A Aula de Adultos comezará o 22 de febreiro e rematará no mes de maio. Os interesados en inscribirse deberán dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres de Gondomar (CIM), situado na Casa da Cultura. Os cursos serán totalmente gratuítos.