Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O Pleno de Gondomar debaterá sobre a situación dos animais confinados en Vincios.

O Pleno de Gondomar debaterá sobre a situación dos animais confinados en Vincios.

Correo-e Imprimir PDF
PERRERA-DE-VINCIO-,PONTEVED

-Tras varios anos de denuncias finalmente as reclamacións das protectoras de animais serán debatidas no pleno de Gondomar.

-O BNG presentou hoxe unha moción para que se desenvolva unha investigación á empresa Cánidos Valle Miñor S.L. por un presunto incumprimento da lexislación sobre protección dos animais.

As protectoras iniciaron fai uns días unha campaña na rede Actuable.es onde conseguiron recadar preto de 1800 firmas para solicitar o peche das instalacións e a cancelación do contrato coa citada empresa.

O BNG proporá á Mancomunidade do Val Miñor abrir una investigación acerca do presunto incumprimento por parte da empresa Cánidos Valle Miñor, S.L. da lexislación en materia de recollida e coidado dos animais ao seu cargo. A empresa que realiza o servizo mancomunado a través dun contrato está dende hai anos baixo denuncia permanente de varias asociacións protectoras de animais. A través de correos electrónicos, páxinas web e fundamentalmente nas redes, particulares e asociacións ven denunciando maltrato aos animais por parte da empresa responsable da súa custodia. O tema será tratado en primeira instancia no vindeiro pleno de Gondomar a proposta dunha moción presentada hoxe polo concelleiro nacionalista Emilio García Crego, para logo ser trasladada ao órgano mancomunado.

Na súa campaña contra o presunto maltrato que sofren os animais nas instalacións da parroquia de Vincios que xestiona a empresa Cánidos Valle Miñor, as protectoras e activistas salientan deficiencias na alimentación, "sacrificios dolorosos", reclusión en "pésimas" condicións, entre outras. Agregan que os animais carecen dunha "segunda" oportunidade de ser dados en adopción " puesto que no se llevan a cabo las LABORES OPORTUNAS PARA FAVORECER LAS ADOPCIONES ,de los animales en sus instalaciones" .

Pola súa banda, García Crego lembrou que a Lei Galega 1/1993 e o Decreto 153/1998 indican que "Tódalas administracións públicas no territorio de Galicia deberán cooperar no desenvolvemento das medidas de defensa e protección dos animais e na denuncia ante os órganos competentes de calquera actuación contraria ao disposto nesta Lei"

Nese senso, agrega que a lexislación ordena que "O Alcalde de cada Concello ten a responsabilidade superior na defensa e protección dos animais no ámbito de cada municipio."

Sendo cada Concello o encargado da recollida dos animais abandonados e do seu mantemento "nun centro de recollida autorizado, ata que sexan postos en adopción, conforme ao establecido na lexislación".

Ademais de solicitar a devandita investigación, o BNG proporá no acordo que o pleno sexa informado, así como os outros Concellos contratantes do mesmo servizo e a protectoras de animais acerca do resultado da pescuda. Finalmente procura que o contido e resolución do acordo sexa trasladado á Presidencia da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor, neste momento baixo quenda do alcalde gondomareño Fernando Guitián.