Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

O Concello de Gondomar convoca aos veciños a unha concentración contra a violencia cara ás mulleres.

Correo-e Imprimir PDF

25-noviembreO Concello de Gondomar conmemorará o Día Internacional contra a Violencia cara ás Mulleres cunha concentración e a posta en escena dunha obra teatral o vindeiro venres 25 de novembro. Pola mañá, a alcaldía convoca aos veciños a achegarse á Casa Consistorial ás 12 horas para participar dunha concentración en solidariedade coas vítimas e o seu rexeitamento á violencia. No acto, o alcalde Fernando Guitián lerá un manifesto en contra da violencia de xénero e posteriormente faranse dous minutos de silencio en protesta.

Gondomar despois do 20-N: PP 53,84%, PSOE 24,23%, BNG 12,25%, EU-V 5,19%, UPyD 1,30%.

Correo-e Imprimir PDF

 

Ás 0:39 horas deste luns 21 de novembro pechou o escrutinio dos votos emitidos no Concello de Gondomar. O Partido Popular matívose como a opción  maioritaria neste municipio,esta vez, cunha afastada diferenza do resto dos partidos, ao obter o 53, 84% das vontades electorais. A participación cidadá alcanzou o 74,10%  do padrón (8.742 votantes), e máisde 3000 electores decidiron non concurrir ás urnas. Once partidos políticos recibiron votos dos cidadáns de Gondomar na xornada electoral do 20-N.

O BNG celebrará este venres 11 o seu acto de campaña no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

adan-sandra-arauxoO vindeiro venres 11, ás 20:30hs, o BNG fará o seu acto principal de campaña en Gondomar no Auditorio Municipal Lois Tobío. No mitin falarán o concelleiro local Xosé Antonio Araúxo, a deputada no Parlamento Galego, Carme Adan, e Sandra Gonzáles, segunda na candidatura de Pontevedra e actual alcaldesa de Tomiño. Os nacionalistas convocan aos cidadáns a apoiar as súas candidaturas nas votacións do 20-N porque aseguran que "Galiza vai precisar máis que nunca ter voz propia en Madrid".

Desculpa pública do concelleiro do BNG Xosé Antonio Araúxo Quintas.

Correo-e Imprimir PDF

 

arauxo alcalde_bng_gondomarA petición de parte, publicamos textualmente unha desculpa pública do concelleiro do BNG Gondomar,Xosé  Antonio Araúxo Quintas:

Cando alguén se equivoca e sen querer  prexudica a terceiras persoas, o mínimo e pedir desculpas públicas e persoais. Iso mesmo é o que quero facer aquí e agora dende Valminor.Info.

O alcalde de Gondomar insta a retirar as pancartas cos logos municipais á Comisión de Festas de Vincios.

Correo-e Imprimir PDF

 

chourizadaO alcalde de Gondomar, Fernando Guitián instou esta tarde  á Comisión de Festas de Vincios para que retire as pancartas da chourizada e magosto programada para o vindeiro 19 de novembro. O alcalde Guitián, acusou á comisión de veciños de facer uso dos emblemas municipais sen autorización e advertiulles  das responsabilidades que puidesen derivarse en caso de incumprimento. A media foi tomada logo de que o BNG denunciara que o devandito acto, onde participaban connotados militantes do PP local, tiña carácter electoralista e coincidía co último día de reflexión antes das eleccións xerais do vindeiro domingo.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL