Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

O pleno de Gondomar deberá autorizar un crédito de 290.000€ para o pago de facturas atrasadas.

Correo-e Imprimir PDF

concello_gondomarO goberno de Gondomar necesita facer fronte a 288.953,16€, en concepto de débedas atrasadas. Para iso, de non haber sorpresas, a maioría de 9 concelleiros do bipartito PP-CDL,  aprobará no pleno municipal deste xoves 3 de novembro, un recoñecemento extraxudicial e mais un suplemento crediticio que cubran esa cantidade. A devandita partida inclúe 73.953,23€  correspondentes a facturas presentadas pola concesionaria da recollida de lixo GESECO.

Traballadores de Islas Industries (A Pasaxe) manteñen garda ás portas da empresa e reclaman salarios

Correo-e Imprimir PDF
Os traballadores protestaron hoxe diante da vivenda familiar do empresario.

-Os traballadores de Islas Industries reclaman diante da casa do propietario en Vigo unha solución para a empresa.

-O cadro de persoal, que ten varias mensualidades pendentes de cobro, manterá o venres a primeira reunión co administrador concursal.

O alcalde de Gondomar reclama "responsabilidade" á oposición para tramitar un PXOM que de garantías.

Correo-e Imprimir PDF
O alcalde Fernando Guitián reiterou a súa intención de aprobar un PXOM consensuado con tódalas forzas políticas.

O alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, rexeita as acusacións por parte da oposición de "provocar ou contribuír" á situación de estancamento en que se atopa a redacción do novo Plan Xeral de Ordenamento Municipal. Un comunicado da alcaldía asegura que o propio rexedor dirixe reunións semanais entre técnicos, políticos e o equipo redactor, pondo os medios necesarios para acurtar os prazos na medida do posible. Entre mentres, a administración informa que poderanse dar licenzas en determinados supostos moi restritivos. O rexedor popular reiterou ao seu compromiso de traballar a prol dun modelo urbanístico que conte co consenso das forzas políticas do municipio.

Riada e desbordes fluviais en Gondomar e Sabarís

Correo-e Imprimir PDF
Ultima hora: Gondomar asulagado na zona da plaza de abastos pola crecida do río. Imaxe @XoseGz

{plusone}Gondomar está sufrindo uns dos peores desbordes fluviais dos últimos anos. Unha riada tomou a praza de Abastos,  que se atopa agora mesmo totalmente asulagada. O desborde penetrou en varios locais comercias da contorna. A ponte da parroquia de Mañufe está cortada e non é posible atravesar o río. Na mesma parroquia moitas familias teñen oas fincas totalmente anegadas e estragadas no barrio de Moreira.

Unha familia en Mañufe atópase refuxiada na segunda planta da vivenda, logo ca auga rompera o muro de contención e unha onda impactase contra a finca. A crecida comezou pasadas as 16 horas e medrou sobre as 17h. Varios automóbiles quedaron atrapados pola corrente. Hai preocupación dos veciños e comerciantes polo que poda suceder nas próximas horas.

O pleno de Gondomar revela graves problemas para solucionar a situación urbanística do municipio.

Correo-e Imprimir PDF
O urbanismo en Gondomar segue a ser un problema sen solución.

O Pleno extraordinario desenvolvido esta mañá en Gondomar, non arroxou luz sobre a futura aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenamento Territorial. Segundo o informe da alcaldía os técnicos municipais e o equipo de redacción ten aínda que solucionar aspectos legais que fan imposible a súa inmediata posta a discusión pola corporación. En canto á situación urbanística do concello, dos 180 núcleos rurais existentes, só se podería edificar en 19 previo estudo de que non se atopen saturados.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL