Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

O BNG acusa ao goberno de Gondomar de patrocinar unha chourizada con intencións electoralistas.

Correo-e Imprimir PDF

chourizadaO BNG acusa ao Concello de Gondomar de patrocinar una chourizada con intencións electorais, 24 horas antes das eleccións xerais. O evento denunciado terá lugar o vindeiro 19 de novembro no torreiro de festas de Vincios e nos carteis de información figura o logo do Concello e mais o da Concellería de Cultura do municipio. O concelleiro Antonio Araúxo (BNG) agrega que o acto contará cunha orquestra propiedade dun destacado activista do PP da parroquia de Vincios. Os nacionalistas anuncian que porán o feito en coñecemento da Xunta Electoral de Zona e pedirán contas no vindeiro pleno da corporación.

Gondomar pagará 290 mil euros en débedas atrasadas e alegará contra o microchip nos cabalos do monte.

Correo-e Imprimir PDF

concello_escudo_vidrioCoa aprobación dun recoñecemento extraxudicial de crédito e mais un suplemento crediticio durante o pleno municipal deste xoves, o Concello de Gondomar pagará 288.953,16€, en concepto de débedas atrasadas. As mocións foran presentadas polo bipartito gobernante (PP-CDL), e contou cos votos do concelleiro Manuel Gómez (IXG), integrante do anterior goberno de Martín Urgal (PP). O BNG votou en contra, desconforme coa maneira co que goberno municipal tramita e decide que facturas se pagan e cales non. O PSOE optou por absterse na votación.

O alcalde de Gondomar reitera no pleno as dificultades para outorgar licenzas urbanísticas.

Correo-e Imprimir PDF

Campo_futbolO alcalde de Gondomar Fernando Guitián reiterou no pleno as actuais restricións para dar licenzas urbanísticas no municipio ata que non se aprobe o Plan Xeral de Ordenamento Territorial. Informou que no seu mandato non se ten outorgadas e que aínda tardarán en resolverse as solicitadas naqueles núcleos que previa revisión dos seu expedientes e dos informes dos técnicos municipais sexa posible dalas. As declaracións do rexedor foron dadas a raíz dunha moción do BNG que solicitaba un acordo para que aqueles núcleos que estivesen en condicións de ser aproveitados fosen postos na oficina de urbanismo a disposición dos veciños.

EU presenta candidaturas e programa de cara ao 20-N na Casa da Cultura de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

ruben-perez-euUn novo mitin celebrarase en Gondomar no marco da campaña electoral para as eleccións xerais do 20 de novembro. Neste caso será Esquerda Unida a que presentará o seu programa político a través de Rubén Pérez, coordinador desta agrupación en Vigo e cabeza de lista pola provincia de Pontevedra ao Congreso. O acto terá lugar o vindeiro sábado 5 de novembro ás 20 horas na Casa da Cultura de Gondomar, na Rúa Manuel Alonso s/n.

A falla de traballo afecta a 1.545 veciños de Gondomar, 83 máis que no mes de setembro.

Correo-e Imprimir PDF

centrogondomarO número de desempregados no concello de Gondomar rachou a barreira do millar e medio da súa poboación activa ao 31 de outubro. O sector máis castigado foi o dos servizos con 48 novos casos, chegando a 650 o número de persoas que perderon o seu posto de traballo neste rubro. As mulleres son as máis afectadas pola falla de emprego neste municipio, có 51.84% do paro rexistrado. Os 83 novos casos rexistrados pola Consellería de Traballo e Benestar durante o mes de outubro para Gondomar, revelan que a cifran medrou nun 5.68% co respecto a setembro. A media do crecemento do paro para toda Galicia foi do 3.96%.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL