Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Veciños de Gondomar reclaman á Xunta e ao Concello máis seguridade para os peóns na PO341.

Correo-e Imprimir PDF

Veciños das parroquias de Vincios, Peitieiros, Chaín, Morgadáns e Couso fixeron unha concentración esta tarde en protesta pola falla de seguridade peonil que afecta a estrada PO-341 (Vincios - Couso). Os afectados denuncian que pese ás promesas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a obra a piques de rematar, restou beiravías, e colocou valados metálicos nas curvas que fan imposible o tránsito de peóns. Dende a Xunta informáronlles que a ampliación de sendas peonís necesitan da cesión de terreos que deben xestionar ante o Concello de Gondomar. Os viandantes, que afirman que iso non é así por tratarse dunha estrada autonómica, pediron igualmente a devandita cita ao municipio a que foi concedida para o vindeiro 31 de outubro.

Aproximadamente son 55 as hectáreas afectadas por múltiples focos de lume en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

A Consellería de Medio Rural asegura que están controlados os dous lumes rexistrados esta madrugada no municipio de Gondomar, que afectaron principalmente ás parroquias de Mañufe e Chaín. O sinistro en total danou aproximadamente 55 hectáreas de montes comunais. Axentes que participaron nas actividades de auxilio aseguraron a esta Redacción que os focos foron múltiples e claramente provocados al iniciarse pola madrugada en ambos os dous casos.

Varios focos intencionados de lume arderon dende a madrugada en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Varios focos de lume intensionado atópanse controlados no concello de Gondomar. Diseminados polos montes veciñais de Vincios, Chaín, Gondomar, Mañufe e Donas, o servizo do GRUMIR foi alertado dos mesmos sobre as catro da madrugada. O equipo de emerxencias da bisbarra só contaba cun operario en garda domiciliaria, o que debeu asistir acompañado dun membro de Protección Civil. Aínda sen reporte oficial, os axentes informaron que non se coñecen vítimas e aínda que varios dos focos atopábanse perto de vivendas, tampouco hai demomento informe de danos. Os efectivos salientaron que o lume afectou varias hectareas dos montes veciñais, mais non souberon precisar a cantidade. Equipos de bombeiros e cadrillas de axentes forestais manteñen o rego das zonas afectadas ante os informes meteorolóxicos de incremento das temperaturas para esta tarde.

Para o BNG o goberno de Guitián aínda non amosa diferenzas co anterior ao cumprir 100 días de goberno.

Correo-e Imprimir PDF
Os 100 primeiros días do rexedor Fernando Gutián, non amosan cambios co do anterior mandato para o BNG.

O BNG provoca un pleno extraordinario para tratar o PXOM en outubro e cualifica de faltos de sensibilidade social os 100 primeiros días do goberno de Fernando Guitián. Os nacionalistas entenden que o actual goberno muncipal cun terzo dos seus membros identificados co anteriror mandato, aínda non amosou elementos diferenciadores coa anterior xestión muncipal. Nese sentido denuncia que se seguen perdendo subvencións e pagando facturas con reparos da intervención municipal. Como xa o fixeran no útlimo pleno da corporación, denunciaron en rolda de prensa, a situación da policía local que ten que cumprir as súas tarefas nun vehículo camuflado, fóra do ordenamento legal á vez que acusan que as axudas escolares concedidas a 57 familias das 140 que se presentaran á convocatoria, foron realizadas a través dun sistema de puntuación onde segundo consta na acta de resolución “non queda xustificado a puntuación obtida por cada candidato”.

Acomisión informativa dos asuntos do pleno será a encargada de vixiar a tramitación do PXOM de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
A comisión de portavoces que atende os asuntos do pleno será a encargada de facer un seguimento da tramitación do Plan Xeral de Ordenamento Municipal de Gondomar. Así o decidiu unilaterlamente o rexedor Fernando Guitián, logo que non se acadara un acordo entre as agrupación municipais na formación dunha comisión específica, logo do pleno de setembro. O alcalde entende que o tema é prioritario e así o comunicou no pleno da corporación do pasado xoves. Pola súa banda, a oposición pediu “información e transparencia” no caso do BNG, e a inclusión da Entidade Local Menor de Morgadáns nas xuntanzas por parte do PSOE.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL