Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

O Concello de Gondomar recibe o recoñecemento de AGAXEDE póla súa actividade deportiva.

Correo-e Imprimir PDF
A conselleira de Deporte Natalia Salgueiro na entrega dos premios.

A Asociación Galega de Xestores Deportivos agasallou ao Concello de Gondomar durante os II PREMIOS GALICIA Á XESTION DEPORTIVA. A gala tivo lugar no Salón do Club do Mar de San Amaro, na Coruña, o pasado venres 21 de outubro. A AGAXEDE salientou o desenvolvemento da Concellería de Deportes durante os últimos anos, no municipio.

O CDL inaugurou sede en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
O CDL inaugura sede na Rúa Elduayen de Gondomar.

O Centro Democratico Liberal de Gondomar inaugurou sede na Rúa Elduayen, na planta baixa do mesmo edificio que ocupara o grupo independente Move Gondomar, do ex concelleiro Manuel Núñez Sestelo. Rodeados de amigos e simpatizantes, os concelleiros Natalia Salgueiro e mais Ignacio Troncoso, celebraron a apertura deste espazo ao que definiron como “Una casa abierta a todos los gondomareños”.

O luns 24 o alcalde de Gondomar informará ao pleno sobre a situación do PXOM a iniciativa do BNG.

Correo-e Imprimir PDF
O pleno extraordinario sobre urbanismo en Gondomar celebrarase no Lois Tobío, o luns 24 de outubro ás 9 horas.

-O BNG critica ao alcalde popular Fernando Guitián por citar o pleno extraordinario sobre urbanismo para o vindeiro luns 24 de outubro, último día do prazo legal.

-Tamén cuestiona a través do seu voceiro Pauliño Del Río, que se fixou para as 9 da mañá, restando a posibilidade de que moitos veciños poidan estar presentes.

O portavoz nacional do BNG Guillerme Vázquez dá comezo á pre-campaña do 20-N en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Guillerme Vázquez, voceiro nacional do BNG dará incio a pre campaña do nacionalismo en Gondomar.

O portavoz nacional do BNG Guillerme Vázquez participará nun encontro multisectorial o vindeiro venres 21 de outubro, ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Gondomar. Para o acto, co que o BNG inicia a precampaña en Gondomar cara o 20-N, foron convidadas 78 asociacións locais de diversas actividades sociais. Os organizadores teñen por obxectivo "coñecer de primeira man a opinión dos axentes máis activos da sociedade que estas entidades representan". Na xuntanza tamén participará a deputada no Congreso, Olaia Fernández Dávila, cabeza de lista do BNG por Pontevedra.

O BNG Morgadáns, reclama facer efectivo o exercicio dos dereitos lingüísticos dos galegos falantes nas lápidas.

Correo-e Imprimir PDF

lapidas-cementerioSe unha persoa utilizou o galego como principal ou única lingua, por que ao morrer a súa lápida está en castelán? Este paradoxo non estará dalgún xeito trastornando a súa memoria? Para o vogal do BNG en Morgadáns, Xaime Lugilde, moitas veces escríbense as lápidas nun idioma que o falecido non usou e seica, tampouco coñecía. En base a esta reflexión, Lugilde proporá ao pleno da Entidade Menor Local de Morgadáns que poña en práctica unha serie de medidas de cara ao próximo Día de Defuntos que fagan xustiza coa memoria dos mesmos, incentivando o uso do galego nas inscricións das lápidas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL