Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Corte nocturno da estrada Xunquiera - Telleiro pola festa patronal da Virxe da Luz en Borreiros.

Correo-e Imprimir PDF
Este venres e sábado celébranse as festas patronais da Virxe da Luz en Borreiros.Con motivo das celebración das festas patronais da Virxe da Luz en Borreiros, a carreteira Xunqueira – Telleiro, na devandita parroquia, permanecerá cortada dende as 19:00 horas hasta as 04:00 horas os días venres 9 e sábado10 de setembro, anunciou o Concello de Gondomar.

Gondomar saca a mellor nota nas cifras do paro no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

centrogondomar{plusone} En Gondomar as cifras oficias do paro indican que o mes de agosto deixa 21 persoas menos na busca de traballo ca xullo. A cifra é a mellor das obtida polos concellos miñoranos, xa que tanto Baiona como Nigrán rexistraron un leve aumento do paro no mesmo período. No caso da Vila Real , o aumento foi dun 1.72% e en Nigrán dun 1.84%, ambas as dous moi por riba do 0.71% rexistrado na media para toda Galicia.

Obras sen identificar na PO341 (Vincios - Couso) destrozan as cunetas e cortan o tráfico rodado

Correo-e Imprimir PDF
Desfeita de cunetas e falla de carteis informativos nas obras na PO - 341

O BNG denuncia a realización dunha obra na PO - 341 (Vincios - Couso), presuntamente de saneamento, da que non consta, segundo esta forza política, información no Concello de Gondomar nin na Entidade Local Menor de Morgadáns. Os traballos estaríanse a desenvolver dende hai algúns días na marxe dereita da recentemente restaurada estrada, nun treito duns 200 metros de lonxitude sobre solos rústicos, á altura de Padróns - Morgadáns. Por mor disto, foron levantadas as cunetas de formigón recentemente feitas e cortado o tráfico Prados - Vilas. Ademais da falla de información, o concelleiro nacionalista Antonio Araúxo cuestiona que nese lugar non se dá servizo a ningunha vivenda nin barrio, e pregúntase se trátase dun despiste da Xunta de Galicia o si detrás disto hai unha " a intención de favorecer algunha actuación especulativa, xa que estamos falando de solo rústico forestal, a longo ou medio prazo?"

O Concello de Gondomar fixo entrega das subvencións da Deputación de Pontevedra aos beneficiarios.

Correo-e Imprimir PDF
Concelleira Patricia Durán, deputada Marta Iglesias, o alcalde Fernando Guitián e o Presidente do A Merced de Chaín.

A Deputación de Pontevedra subvenciona con máis de 18.000 euros a diferentes asociacións do concello de Gondomar. A deputada provincial, Marta Igrexas, entregou no concello, ante o alcalde Fernando Guitián, e os concelleiros Patricia Durán e Carlos González, as axudas aos representantes das asociacións.

Gondomar celebrou novo curro en San Cibrán.

Correo-e Imprimir PDF
Marcaxe e vacinas para os poldros no curro de San Cibrán, Gondomar. (Xilberte Manso)

San Cibrán celebrou nunha espectacular tarde de domingo o seu tradicional curro da mosca. A carón da Portavedra, na parroquia de Donas (Gondomar),os propietarios dos cabalos ceibes do monte, acompañados de familiares, veciños e “amigos dos curros” fixeron o tradicional cordón humano para que os cabalos ingresaran ao curro sobre o medio día. Estes animais que pacen polas chairas da chan do Cereixo, xa foran marcados e vacinados no pasado mes de xullo. Agora tocoulles a quita de parásitos e marcaxe dos poldros que naceron despois do pasado curro.

 

 

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL