Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Obras sen identificar na PO341 (Vincios - Couso) destrozan as cunetas e cortan o tráfico rodado

Obras sen identificar na PO341 (Vincios - Couso) destrozan as cunetas e cortan o tráfico rodado

Correo-e Imprimir PDF
Desfeita de cunetas e falla de carteis informativos nas obras na PO - 341

O BNG denuncia a realización dunha obra na PO - 341 (Vincios - Couso), presuntamente de saneamento, da que non consta, segundo esta forza política, información no Concello de Gondomar nin na Entidade Local Menor de Morgadáns. Os traballos estaríanse a desenvolver dende hai algúns días na marxe dereita da recentemente restaurada estrada, nun treito duns 200 metros de lonxitude sobre solos rústicos, á altura de Padróns - Morgadáns. Por mor disto, foron levantadas as cunetas de formigón recentemente feitas e cortado o tráfico Prados - Vilas. Ademais da falla de información, o concelleiro nacionalista Antonio Araúxo cuestiona que nese lugar non se dá servizo a ningunha vivenda nin barrio, e pregúntase se trátase dun despiste da Xunta de Galicia o si detrás disto hai unha " a intención de favorecer algunha actuación especulativa, xa que estamos falando de solo rústico forestal, a longo ou medio prazo?"

Araúxo agrega, que segundo cálculos do BNG, estas obras feitas nun terreo de rochas de gran dureza, ten un investimento estimado entre 40.000 e 50.000 euros, supostamente a cargo da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas . O portavoz do Bloque sinala que os veciños de Morgadáns non entenden "como se poden gastar desta maneira os cartos públicos cando na parroquia hai barrios que levan anos reclamando o saneamento, como é caso do barrio Pedra, O Lago, etc. sen que a Xunta atendese esas demandas."

O BNG adianta que preguntaralle ao goberno municipal explicacións por este asunto no vindeiro pleno deste mes, e agarda que o mesmo dea unha explicación" convincente e lóxica, pois temos constancia que o concelleiro de obras si sabe deste asunto", afirman os nacionalistas.