Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar celebrou novo curro en San Cibrán.

Gondomar celebrou novo curro en San Cibrán.

Correo-e Imprimir PDF
Marcaxe e vacinas para os poldros no curro de San Cibrán, Gondomar. (Xilberte Manso)

San Cibrán celebrou nunha espectacular tarde de domingo o seu tradicional curro da mosca. A carón da Portavedra, na parroquia de Donas (Gondomar),os propietarios dos cabalos ceibes do monte, acompañados de familiares, veciños e “amigos dos curros” fixeron o tradicional cordón humano para que os cabalos ingresaran ao curro sobre o medio día. Estes animais que pacen polas chairas da chan do Cereixo, xa foran marcados e vacinados no pasado mes de xullo. Agora tocoulles a quita de parásitos e marcaxe dos poldros que naceron despois do pasado curro.