Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Nacionalistas advirten dos perigos de colocar minidepuradoras enriba da captación da traída de auga municipal de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

estacion-bombeo-morgadans-1O proxecto de Augas de Galicia e o Concello de Gondomar de colocar dúas minidepuradoras sobre o río Morgadáns podería reverter nun grave prexuízo á salubridade pública, alertaron nesta xornada os nacionalistas Xosé Antonio Araúxo e Xaime Luxilde. Os mesmos aseguran que os prexudicados serían os "miles de veciños de Gondomar que fan uso da auga da traída municipal, cuxa captación está río abaixo de onde as devanditas depuradoras verterían a súa auga ".

Augas de Galicia presenta un proxecto de saneamento para Vilas e Prado en Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF

concello gondomarAugas de Galicia proxecta colocar dúas depuradoras na parroquia de Morgadáns, ca fin de dotar dun sistema de saneamento á zona, informou o Concello de Gondomar. As depuradoras estarían localizadas nos núcleos de Vilas e Prado. A obra de saneamento incluiría un colector xeral, independente da rede principal do municipio.

Nacionalistas cualifican como "visita electoral" a presenza de Agustín Hernández en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

guitian-hernandez
Os cinco concelleiros nacionalistas -non adscritos- de Gondomar cualifican como unha "visita electoral" a presenza no municipio do conselleiro da Xunta e tamén candidato polo PP de Pontevedra nas vindeiras eleccións autonómicas, Agustín Hernández. A través dun comunicado, sinalan que o titular de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, contradíxose ao falar da "inminente aprobación do PXOM , cando el mesmo, o pasado mes de xullo, fixou por medio dunha comunicación oficial ao Concello, a súa aprobación para o ano 2016."

A Ponte de Mañufe quedará a salvo de intervencións sobre a súa estrutura co novo proxecto de saneamento.

Correo-e Imprimir PDF

ponte maufeA senlleira Ponte Románica de Mañufe quedará a salvo de posibles intervención na súa delicada infraestrutura, trala modificación do proxecto de mellora da rede de colectores de Gondomar. Así o anunciou este martes o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández,ao alcalde Fernando Guitián, quen solicitara meses atrás unha alternativa ao plan orixinal que prevía unha perigosa intervención na histórica ponte, así como no Acueduto do Bravo, sobre o río Vilaza.

14 obradoiros de diversas disciplinas, abren a tempada 2012-13 das Mulleres Rurais de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

mulleres-ruraisA Asociación de Mulleres Rurais de Gondomar ven de presentar o calendario de actividades que desenvolverán dende o seu colectivo cara a tempada 2012 - 2013. Son 14 os obradoiros de diversas disciplinas que a asociación ofrece para veciños de Gondomar e bisbarra. Bailes, manualidades, ximnasia e informática son algúns das temáticas a desenvolver que os interesados poderán anotarse ou consultar no teléfono 682074884.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL